Dime do que presumes e direiche do que careces

Este martes 29 de outubro a Directora xeral de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, asistía a Comisión 2ª do Parlamento para dar resposta a unha pregunta parlamentaria(*) na que se lle plantexaba se o organismo que dirixe detectara a “desaparición” da balsa de Bama.

Situada dentro da vella explotación mineira de Touro-O Pino,  normalmente é noticia xusto polo contrario, por rebordar e verter ao Dominio público hidráulico as súas augas contaminadas.

Desta volta, a finais de setembro, varios medios de comunicación alertaban de que estaba prácticamente “desaparecida”

Pincha para acceder á comparecencia de Teresa Gutiérrez, Directora de Augas de Galicia

Informou(**) a Directora de que Augas de Galicia

“inspecciona e persegue calquera indicio ou denuncia de afección da balsa de Bama motivada pola actividade de restauración nos terreos da antiga mina”. 

“incoaron expedientes sancionadores por importe de 80.000 euros por feitos concretos ocasionados por situacións puntuais “

A Directora afirma que o que Augas de Galicia non detecta, non ocorre:

“nin se observaron vertidos á canle pública procedentes da balsa –como tampouco se recibiu ningunha denuncia ao respecto de posibles vertidos-, nin se constatou un empeoramento da calidade das masas de auga próximas á balsa. Tampouco observaron ningunha actuación ou obra de drenaxe ou canle adicional de derivación polo que se puidera ter producido algún baleirado.”

”a diminución do volume de auga almacenado na balsa de Bama non tivo ningunha transcendencia respecto do dominio público hidráulico”

A balsa a finais de setembro

¿E cómo pode facer tal afirmación se non sabe o que pasou? 

Acaso, Directora, nalgún deses tres expedientes que se lle incoaron á empresa ao longo deste ano, foi porque “saltaran as alarmas” en Augas de Galicia? 

Nalgunha desas tres veces actuou  Augas de Galicia de oficio ao observalo nunha das súas inspeccións rutineiras?  

Ou detectaron algún deses tres delitos que veñen agora a sancionar porque o punto de control que teñen aguas abaixo no Brandelos dera uns resultados anómalos?

Non, Directora, eses episodios ocorreron, constitúen un delito, e, a “maquinaria” de Augas de Galicia púxose en marcha porque alguén se encargou de alertalos (veciñanza, asociación ecoloxistas…), non por seren detectados nas súas inspeccións rutineiras ou polos resultados anómalos un punto de control.

Eso si, as inspeccións dan o seu froito, atopan verdades coma puños

“Concretou que nas inspeccións levadas a cabo estes anos, Augas de Galicia ten comprobado que nas épocas de verán e outono o volume de auga almacenado na balsa é inferior ao das épocas de inverno ou primavera.”

É hora de pasar das palabras aos feitos, de que exerzan “o labor de vixilancia e control para garantir o estrito cumprimento da lei e velar pola calidade das augas” dunha forma efectiva, real.

Cumplan co que din, do que presumen, máis nada.

(**)Nota de prensa comparecencia Directora Augas de Galicia https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44266/augas-galicia-destaca-labor-vigilancia-control-para-velar-por-estricto-cumplimiento

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s