Membros de Máis País visitan a mina de Touro

Este xoves día 7 de novembro Carolina Bescansa, Daniel Liceras, Alberto Prieto, Olga Dourado, Bieito Cambeiro, José Romarís e Stephanie Ordonez, candidatos ao congreso por MÁIS PAÍS- EQUO nas vindeiras eleccións deste domingo, xunto con Rogelio Santos, candidato ao senado visitaron a zona na que se pretende desenvolver a mina de cobre a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino.

Estiveron acompañados por Pablo Silva de PLADEMAR, membros de VIDA e RÍA e xente da plataforma veciñal mina Touro O Pino non.

Carolina Bescansa, Daniel Liceras, José Romarís e Alberto Prieto con membros da plataforma.

Compartimos con eles un anaco de tarde, adicada a departir sobre a nosa loita e a intercambiar experiencias debatendo acerca da sociedade actual e das leis que hoxe en día permiten agromar proxectos coma esta mina.


Ao expoñerlles un pequeno resumo da nosa loita atopamos empatía, forza para seguir con esta batalla.

Escoitamos as súas propostas, como a da revisión do concepto de “utilidade pública”, que no caso de proxectos mineiros coma este permiten que os intereses dos donos da concesión para a ocupación e expropiación de terreos estén por riba dos intereses individuais dos propietarios afectados.


No coloquio escoitáronse moitas demandas que queremos poñer enriba da mesa aos nosos representantes. Moitos deles son compartidos por outros colectivos que teñen loitas similares á nosa, como quedou claro nalgunha intervención de membros de Vida e Ría, afectados no seu caso pola mina de San Finx.

Falouse da necesidade de reformar a lei de minas, mais que desfasada, de garantir o acceso á información, de que os intereses dos lexítimos habitantes dun territorio non poden verse postergados ante os das grandes empresas.

Da necesidade de articular unha regulación axeitada para evitar que as minas e canteiras en desuso acaben cheas de “resíduos valorizados” coa desculpa de “restauralas”. Un negocio moi lucrativo para as empresas que o desenvolven … e unha tortura para a veciñanza próxima.

Cómpre delimitar as distancias de plantas que desenvolven estas actividades (como as que temos nos terreos da vella mina, dende fai moitos anos) aos núcleos de poboación. É preciso que esas actividades se leven a cabo sen afectar a vida dos veciños nin causar danos ao medioambiente. E aínda máis se cabe, no caso de balsas mineiras repletas de produtos perigosos e nocivos, como son os químicos empregados para separar o cobre das rochas.

Temos moitas cousas que mudar como sociedade, transitando cara unha forma de crecemento e consumo acorde coa realidade na que se atopa o planeta. É preciso apoiar as actividades sustentables que xeran emprego e moven as economías locais, non as que precisan arrasar o territorio para desenvolverse.

Moitas cuestións quedaron no tinteiro, as tardes de inverno son curtas e había que aproveitar a última luz do sol para realizar a visita aos terreos. Graciñas aos que viñéstedes a compartila con nós.

Levade a nosa voz a onde nós non podemos chegar.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , , , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s