Xa somos 47!!

O proxecto mineiro de Cobre San Rafael non goza de aceptación social, demostrámolo sobradamente en moitas ocasións, con 26.000 sinaturas recollidas a pé de rúa, 70.000 telemáticamente, cunha manifestación-tratorada en Touro e coa manifestación celebrada en xuño de 2018 en Santiago de Compostela.

Manifestación en Touro febreiro de 2018
Manifestación Praza do Obradoiro en xuño de 2018

A comunidade, no sentido máis amplo, non acepta o proxecto mineiro. A empresa non ten esa “licencia social” que persegue para o proxecto, e que busca, por exemplo, “comprando”  vontades con patrocinios deportivos.

Dentro desa estratexia de marketing incluso elexíu un nome ben rimbombante para o seu proxecto de responsabilidade social corporativa (TERRAS=Transparencia, Ética y Responsabilidad Real Ambiental y Social)  no que afirma:

Os beneficiarios de “TERRAS” serán os veciños e veciñas de Touro e O Pino; os colectivos sociais en risco de exclusión da comarca de Arzúa e Santiago; os actores vinculados ao río Ulla, e a sociedade galega en xeral. 

Mirando o seguinte mapa, queda patente que os concellos das marxes do Ulla, entre outros, non se deixan engaiolar por esmolas e cantos de serea. Acadamos o apoio de 45 concellos de todas as cores políticas que aprobaron mocións de rexeitamento, tanto da nosa contorna como augas abaixo ata a desembocadura deste río na Ría de Arousa. O último concello en mostrarnos a súa axuda foi o de Dodro. Benvido!

Dúas deputacións, a de Coruña e a de Pontevedra, tamén se mostraron en contra dese proxecto.

Todos estos apoios dannos folgos para seguir loitando, milleiros de grazas a todos!!!

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s