A mina non soluciona a perda de poboación

Co remate do ano e o comezo deste veñen de publicarse diferentes cifras de poboación que poñen enriba da mesa o chamado reto demográfico. Sexan os datos oficiais da poboación por concello, a estatística de migracións ou os datos de poboación do primeiro semestre de 2019 amosan os cambios en volume e estrutura que a poboación está a sufrir. En moitas comunidades, entre elas a nosa, ábrese unha fenda entre o número de  persoas que nacen e morren.  Non é un fenómeno novo, a diferencia entre nacementos e mortes, o chamado salvo vexetativo, comezou esa tendencia en Galicia hai mais de 30 anos.

No primeiro semestre de 2019 houbo en Galicia 7.695 nacementos fronte as 16.121 defuncións, para facernos unha idea, de media, cada día morreron 89 galegos e só naceron 42.

Da mesma maneira que coas cifras do paro, a influencia da apertura dunha mina na mellora demográfica da contorna é un dos “mantras” das empresas mineiras. O Estudo socio-económico del entorno del proyecto Touro” comezaba abordando este tema afirmando

…La experiencia de otros municipios mineros, como el de Belmonte (Asturias), muestra que para revertir esta pérdida demográfica, solamente la fijación de la población en edad fértil o la atracción de inmigrantes puede poner freno a esta sangría demográfica. Es evidente que este proyecto ofrece una oportunidad para ello.

Algo calcado atopabamos no estudo económico que acompañaba ao proxecto da mina de Corcoesto respecto daquela comarca

En un territorio que ha perdido casi la tercera parte de sus residentes en las tres última décadas;[…] solamente la fijación de la población en edad fértil o la atracción de inmigrantes puede poner freno a esta sangría demográfica. Es evidente que este proyecto ofrece para ello una oportunidad

En ningún caso se trata de minimizar o problema demográfico, pero ¿unha mina é a solución?

Non o foi no noso pasado nin tampouco en territorios similares da nosa contorna

Non temos máis que recurrir á historia recente: nos 20 anos que van de 1970 a 1991, nos que a mina de Riotinto estivo en funcionamento de 1972 a 1986, a perda de poboación é máis acusada (-29,8% para a comarca de Arzúa, -22,8% para o concello do Pino e -24,5% para o concello de Touro), que nos seguintes 20 anos, de 1991 a 2011, nos que xa non estaba a mina (-14,6% para a comarca de Arzúa, -10,2% para O Pino e un -18,8% para Touro).

Polo tanto, ambos concellos xa dispuxeron dunha mina de cobre a ceo aberto e as cifras históricas de poboación nesas décadas amósannos a evolución contraria á pretendida: as caídas de poboación son máis suaves unha vez rematada a actividade mineira.

Pero este tipo de afirmacións abundan na literatura dos proxectos que amparan estas iniciativas. Cítase o caso de Belmonte de Miranda, concello asturiano situado no cinturón de ouro do Narcea, como exemplo de mellora demográfica asociada á mineria. Sen embargo, dende 1996 cando abriu alí a mina de ouro, Belmonte  perdeu case un 40% de poboación!!

Recentes estudos sobre a renda nos municipios asturianos, sitúano como o segundo concello máis envellecido de todo o Principado; parece que a mina só agravou o seu problema. Un problema extendido na comunidade veciña a  moitos concellos das concas mineiras, como recolle en innumerables artigos a prensa local

Non, unha mina non é a solución… semella máis ben parte do problema.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s