Alerta! Consulta previa á Lei de avaliación ambiental de Galicia

O Goberno galego anunciaba o xoves 16 de xaneiro o inicio da tramitación para dotar a nosa autonomía dunha lei propia, a primeira, en materia de avaliación ambiental. Argumenta que agora mesmo se está a aplicar a Lei estatal 21/2013 e que isto está a provocar “un atraso inxustificado da implantación de iniciativas para o desenvolvemento de actividades económicas”.

Dende o 17 ata o 31 de xaneiro, está aberta a Consulta Pública previa relativa á Lei de avaliación ambiental de Galicia, na que a cidadanía pode participar e dar súa opinión respecto a necesidade deste cambio lexislativo. Non se coñece o texto, pero a nota de prensa que emitíu o goberno indica algunhas das directrices que inspiran o cambio

O goberno fala de que a actual norma que se está aplicando “contradise cos principios asentados pola lexislación aprobada en Galicia nos últimos anos para favorecer o emprendemento e axilizar a implantación de actividades industriais como […] a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia”

Cremos que esa lei 5/2017 (coñecida como “lei de depredación” ) vai en contra do interés xeral galego, polo que non ten sentido darlle continuidade nunha lei de avaliación ambiental, sería redundar en favorecer os intereses económicos das grandes empresas fronte aos dos cidadáns

Coa nova norma o goberno di que busca simplificar e axilizar a tramitación das avaliacións ambientais e achegar seguridade xurídica, tanto a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia como aos operadores económicos privados

Polas indicacións que está a dar o goberno parece que a norma se dirixe xusto no camiño contrario a protección dos intereses dos cidadáns e do medioambiente fronte aos múltiples megaproxectos, sexan minas, parques eólicos, vertedoiros…que ameazan o seu modo de vida.

Dende a nosa plataforma e dende a Rede de plataformas Compostela Ulla Tambre, da que formamos parte, pedímosche que lle adiques 5 minutos, que te informes e, se o estimas oportuno, alegues. Aféctanos a todos

Podes atopar neste enlace a Consulta Pública previa relativa á Lei de avaliación ambiental de Galicia

E neste outro enlace podes atopar reflexións que poden serche útiles na túa alegación

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , ,

3 Comments

  1. Gemma

    Necesaria una leí que protexa o medioambiente e o seu mantemento como protexida
    A protección dos mares e patrimonios,tamen hai moitos vertidos,sobre todo más cidades

    Gústame

Deixa unha resposta a Gemma Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s