Unión de forzas para parar o Proxecto Touro

A Casa da Cultura de Touro encheuse este sábado 29 para facer balance dos dous anos e medio de loita contra a mina de Touro-O Pino.

Tres mulleres da nosa plataforma, xunto con representantes de organizacións que tiveron unha fonda implicación (Serafín González da Sociedade Galega de Historia Natural, Xaquín Rubido da Plataforma pola defensa da Ría de Arousa e Fins Eirexas da asociación ecoloxista ADEGA), debullaron nas súas intervencións diferentes aspectos deste proceso ata acadar a DIA negativa.

Repasouse a loita veciñal dende que o DOG daquel 25 de agosto de 2017 trouxera a nova do proxecto mineiro: as xuntanzas, a preparación de alegacións, a necesidade de espallar os enormes impactos do proxecto, a presenza na rúa … agradecendo o apoio e empatía que recibimos da cidadanía e que quedou patente na multitudinaria manifestación que encheu o Obradoiro o 10 de xuño de 2018.

Analizouse o marco lexislativo actual que parece derivar cara unha desregularización feita a medida para que estes megaproxectos non atopen atrancos na súa tramitación.

Non esquezamos que cando se iniciou a tramitación deste, ao que acaba de dárselle carpetazo, aínda non entrara en vigor a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresarias (“Lei Depredación”). E parece que a esta lei pode dárselle continuidade noutras no futuro que vaian no mesmo senso, como a que iniciou a súa tramitación en xaneiro, a Lei de Avaliación Ambiental, que tememos poida dificultar aínda máis que a veciñanza sexa quen de defenderse de proxectos coma este, que non deixan a maior parte da riqueza que crean no territorio e sí uns enormes pasivos ambientais para sempre.

Ese foi outro eixo do balance: a necesidade de que dunha vez se aborde un proxecto serio de restauración dos terros da mina vella dos anos 70-80 que segue drenando a súa contaminación aos regatos da zona e que acaba no Ulla e na ría.

Repasouse a necesidade de interacción con outras plataformas que loitan contra problemas medioambientais, as veces semellantes ao noso, as veces non … sendo sempre no fondo todos eles unha loita desigual, un David contra un Goliat, que fai máis que nunca preciso a empatía e o compañeirismo.

E a colaboración entre as asociacións ecoloxistas consolidadas e as plataformas que se crean ante a emerxencia dun problema concreto. As organizacións máis senlleiras lembraron loitas pasadas nas que a mobilización popular foi clave: dende os verquidos na fosa atlántica á traxedia do Prestige.

Tamén houbo tempo para reflexion do papel da muller hoxe en día nestas loitas, xa que no noso caso, unha boa parte da plataforma está formada por mulleres, reflexo dos tempos que nos toca vivir, da corresponsabilidade.

E tamén a necesidade de unión entre as xentes do campo e do mar, un sector que soubo entender a dimensión do problema, a afección que lle suporía, e fixo esta loita súa. Da reflexión conxunta só cabe tirar unha conclusión: xuntos somos máis fortes! A seguir!

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , ,

2 Comments

Deixa unha resposta a Mina Touro - O Pino NON Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s