Hoxe, martes 28 de xaneiro de 2020, a Xunta emitía unha nota de prensa que comezaba así:

 “A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático acaba de emitir unha declaración de impacto ambiental (DIA) negativa con relación ao proxecto de actualización da explotación da Mina de Touro”.

 Esa primeira frase, tan largamente esperada, loitada día a día durante máis de dous  anos, manténdonos en pé coa forza que dá a razón , era tan impactante que seguro que moitos e moitas tivemos que pararnos a lela dúas veces.

Esta é unha batalla ganada, non a guerra, pero danos folgos. É tan difícil ser un “David” e loitar contra un “Goliat” que é esperanzador cando a perseverancia, o traballo, a empatía de loitas similares e de boa parte da sociedade dán os seus froitos.

Graciñas a tódalas persoas que nos axudástedes, que nos déstedes voz e camiñástedes ao noso carón. Un abrazo enorme.  

Mina non!!

2 respostas a “A DIA será negativa!!!”

  1. […] O DOG do 22 de novembro publica o anuncio da Consellería de Economía e Industria polo que se somete a información pública durante 30 días hábiles o proxecto de Cobre San Rafael, declarado en xuño como estratéxico. Temos sensación de “dejà vu”, nós esto xa o vivimos, volvemos ao casilleiro de saída: a mesma mina, nas mesmas terras e co mesmo método de explotación…un proxecto xa denegado polo seu impacto ambiental no 2020. […]

    Gústame

  2. […] O proxecto de Cobre San Rafael que está agora mesmo en en exposición pública é , no esencial, idéntico ao presentado en agosto de 2017 e que recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable en xaneiro de 2020. […]

    Gústame

Deixar un comentario