Neste momento, tras case dous anos dende a presentación do proxecto, aínda non está resolto que vai suceder coa mina de Touro – O Pino.
A veciñanza esixe que a Xunta de Galicia non autorice este proxecto
Van case dous anos e seguimos loitando.
A necesidade principal é a de facer chegar a información. Un asunto que os medios de comunicación silencian demasiadas veces. Cómpre facer ver á sociedade as verdadeiras dimensións deste proxecto.
Ademais desta páxina web, e da presenza nas redes sociais, seguimos afondando no coñecemento e visibilización do problema con charlas, actos, colocación de pancartas, etc.
Pedimos axuda para que se nos escoite, non é doado romper o hermetismo do goberno e dos medios de comunicación.
Precisamos que nos des voz, que difundas esta loita para que non sexa tan desigual.
Axúdanos a berrar MINA NON!