Achegamos enlace do vídeo do que foi o acto organizado pola Plataforma veciñal Mina Touro O Pino non o pasado 29 de febreiro na Casa da Cultura de Touro.

Lola Martínez, Fins Eirexas, Julia Barbosa, Xaquín Rubido, Obdulia Lareo e Serafín González.

Neste vídeo poderemos visualizar os diversos puntos de vista dos ponentes dende a sua experiencia e os seus distintos ámbitos de actuación tanto veciñal, como asociativo, científico, ecoloxista e feminista.

O resultado final é a comprensión dunha realidade complexa pero enriquecedora, onde nas conclusións incídese na importancia da toma de responsabilidade da cidadanía fronte o abandono da responsabilidade política dos nosos gobernos en favor dos proxectos extractivistas .

A nosa maior victoria debería ser a voz dun pobo por tomar a palabra, e con ela mudar a natureza do poder.

Deixar un comentario