Como vimos informando está en exposición pública para recibir achegas a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia. E o período está a piques de rematar: dende o 12 de maio ata o 6 de xuño, segundo se indica no portal de transparencia. É unha lei que afectaría singularmente á tramitación de proxectos mineiros, de produción de enerxía a partir de fontes renovables e aos que fan un uso intensivo da auga. eólicos, podes informarte mellor en entradas anteirores aquí ou aquí.

As modificacións lexislativas na nosa comunidade, como a Lei 5/2017 de implantación de iniciativas empresariais (“lei depredación”) ou a Lei 9/2021 de avaliación ambiental de Galicia do 2021, foron encamiñadas, en palabras do goberno, a “simplificar e axilizar a tramitación das avaliacións ambientais” afectando gravemente á posibilidade de que as persoas interesadas poidan facer valer os seus dereitos.

De saír adiante a lei que agora está en exposición pública, podería supor un recorte adicional xa que sería a consellería competente en materia de minas a que acredite a existencia de “especiais beneficios sociais e económicos” para un proxecto de outorgamento de dereitos mineiros e/ou aprobación do proxecto de explotación, o que o levaría a acadar carácter prioritario e reducir á metade os prazos. (artigo 20.4).

Entre outros moitos aspectos, esta lei propón a inclusión do impacto económico e social dentro do ambiental, a través dun conxunto de indicadores que están deseñados para  o  “lucimento” dos proxectos eólicos, mineiros…para tirar proveito valorando os aspectos nos que poden saír “ben parados” de xeito absurdo e repetitivo. Con esa inclusión, a avaliación de impacto ambiental quedaría completamente deturpada. Esa inclusión está feita dende a óptica das empresas promotoras destes proxectos e non dende a óptica das persoas e dos territorios que os han de sufrir.

En definitiva, esta lei non é propia dunha Administración ecuánime que vele polo intereses do territorio e dos seus cidadáns, está sesgada cara os intereses dos promotores,  non se está lexislando para o ben común.

Cómpre alegar e facerlle chegar as nosas achegas. Podes atopar neste enlace a consulta pública relativa á Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia. A continuación debes completar os teus datos e deixar as túas alegacións na caixa de texto (ata 5.000 caracteres) ou adxuntar un documento con elas.

E neste outro enlace podes atopar reflexións que poden serche útiles na túa alegación

Alega, deixa a túa achega no ata o 6 de xuño. Aféctanos a tod@s

Unha resposta a “Alegacións á Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia”

  1. Non a mina

    Gústame

Deixar un comentario