
Fronte ao silencio, a incompetencia ou o desleixo dos nosos gobernantes, é a cidadanía a que ten que volver dar unha lección de dignidade e solidariedade. Son os que achegan as súas mans para tratar de frear e conter este desastre branco que asolaga o noso mar desta volta, pero que recorda a aqueloutro desastre negro que tivemos fai dúas decadas. Fartos da manipulación e da inacción xuntamos a nosa voz á de colectivos ecoloxistas, aos voluntarios na limpeza dos pelets, ás xentes do mar e da terra que pensan que esta non é a maneira de facerlle fronte a esta ameaza.
En defensa do noso mar, mentiras e incompetencia NUNCA MAIS.
O 21 de xaneiro vémonos ás 12:00 na Alameda de Compostela!


Deixar un comentario