Un sentimento unánime na defensa do noso mar ateigou este domingo 21 as rúas de Compostela. Un berro de protesta polo modo en que se está a xestionar a actual crise dos pellets, na que semella que non se teña aprendido nada doutras crises…,que para os nosos gobernantes siga sendo máis importante minimizar, tapar, silenciar e botar balóns fóra que resolver os verdadeiros problemas

Isto enmarcado nun contexto no que o mar xa amosaba síntomas do seu dano antes da crise do vertido plásticos: caída en picado da productividade, mortandade…problemas que xa foron longamente denunciados, e que teñen, aparte da componente medioambiental, unha dolorosa dimensión social para a xente que ten nel o seu modo de vida.

Manifestación masiva, secundada por uns 150 colectivos e arroupada por miles de persoas que  ven o mar como un patrimonio de tod@s, dos que estamos e d@s que veñen detrás nosa.

Un pracer camiñar ao voso carón! Forza compañeiros!!

Deixar un comentario