O Consello da Xunta do 24 de xuño declara proxecto industrial estratéxico a mina de cobre promovida por Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino. Basea esa declaración en que o cobre “foi catalogado pola Unión Europea no ano 2023 como materia prima crítica […] de maneira que, na actualidade, o 82% do cobre co que se traballa en Europa procede doutros países“

Desta volta o proxecto incrementa a superficie afectada ata as 812 hectáreas e ven aderezado con algúns “extras” na liña da retórica greenwashing que acompaña a estes proxectos “verdes” e “sostibles” :
“planta solar fotovoltaica para autoconsumo sobre terreos degradados,[..] unha de tratamento de xurros para a valorización e aproveitamento dos residuos que xeran as explotacións gandeiras dos dous municipios en que se sitúa o proxecto;[..] e a posta en marcha dun proxecto piloto denominado E-LIX, baseado na recuperación de metais a partir de concentrados de mineral, coa que se complementará a cadea de valor ao permitir a comercialización de cobre metal 99,999% no canto de concentrado de cobre. Cómpre subliñar que o E-LIX se aliña coa Lei de materias primas da UE de investir en investigación e innovación”
Novamente, a pretendida necesidade dunha Europa máis autosuficiente en materias primas serve de xustificación para vender como imprescindibles (estratéxicos) estes proxectos. España sitúase nos primeiros postos entre os países produtores de cobre a nivel Europeo (2º-3º, tras Polonia) segundo os datos da Estadística Minera publicada polo Ministerio de Transción, no 2021 (último ano dispoñible). Porén, grandes cantidades dese “concentrado de cobre”, que se produce a pé de mina e contén entorno a un 20-25% de cobre metal, exportouse como materia prima para ser procesado en metalúrxicas extranxeiras, principalmente en China .

Polo tanto, exportamos materia prima, soportando os custos ambientais, e importamos logo o producto elaborado, xusto o contrario do que é característico de países desenvolvidos.
No proxecto declarado hoxe pola Xunta como estratéxico, fíase ese eslabón clave da cadea a un proxecto piloto E-LIX que se está aínda probando a escala industrial en Huelva por Atalaya Mining, segundo se recoñece nunha noticia de hoxe mesmo, e que “se triunfa permitirá obter metais sen necesidade de fundicións extranxeiras”. Ademáis, a planta coa que se está experimentando ten unha capacidade moi reducida, apenas 10.000 t, unha cantidade ínfima da producción.

A RAE define “estratéxico” como “de importancia definitiva para un fin”… Nós preguntámonos, estratéxico para qué e para quén?
A falta de coñecer o proxecto en detalle, unha mina de cobre a ceo aberto trae consigo uns impactos ambientais difíciles de dixerir por moito que se obteña a electricidade dunha planta fotovoltaica ou se instale unha planta de tratamento de xurros…Por poñer un exemplo extremo, unha execución dun reo na silla eléctrica non perde a súa condición por moito que a electricidade proveña dunha fonte renovable.
Así as cousas, o paso dado hoxe pola Xunta só é “estratéxico” para a empresa, ten unha importancia definitiva á hora de conseguir chantarnos a mina nos nosos concellos, esa mesma mina que obtivo unha declaración de impacto ambiental negativa en 2020






Deixar un comentario