Tras declarar proxecto industrial estratéxico a mina de cobre a ceo aberto promovida por Cobre San Rafael, a Conselleira Lorenzana insiste en defender o seu carácter estratéxico:

Remarca que la declaración de proyecto estratégico se hace porque cumple las condiciones de empleo, inversión y ser una cadena de valor estratégica para la UE, puesto que supondrá casi 400 empleos directos y la atracción de cerca de 200 millones de inversión

Ataca a aqueles que critican o proxecto porque, segundo ela:

“no se conoce”, “no comenzó la tramitación” al no realizarse la declaración pública, “pero ya sabe que va a dañar la salud pública, el medio ambiente”. “Está hablando sin tener la información”

Nós preguntámonos: non se coñecen as afeccións dunha mina de cobre a ceo aberto ubicada nunha paisaxe salpicada de aldeas e de regatos que conflúen no Ulla a poucos km???

A Conselleira debera coñecer o territorio antes de posicionarse ante decisións de tal calado, porque os pormenores, os adubíos cos que a empresa adornará desta volta o proxecto, nada deso altera esencialmente o que pretende ser: unha mina de cobre a ceo aberto.

Información de parte

Fai uns días, ao respecto do izado por parte de asociacións ecoloxistas dunha pancarta na praza do Obradoiro contra o proxecto de Altri, a Conselleira manifestaba:

Lorenzana ha asegurado que «le consta» que Greenpeace «no está informado» porque, «a pesar de las solicitudes por parte de la empresa, no habló con la empresa». […] «Nadie le expuso el proyecto, con lo cual es importante que cuando se hace cualquier información sobre un proyecto que lo haga una vez tengan toda la información sobre el mismo»

https://www.economiadigital.es/galicia/empresas/guerra-politica-pancarta-altri-non-catedral-santiago.html

Así, a pesares de que o proxecto de Altri xa pasou polo trámite de exposición pública, das declaracións da Conselleira despréndese que, a quen non lle expuxo o proxecto a empresa, non o coñece!! Ese parece ser o quid da cuestión, a unilateralidade da información da que se alimenta pode levala ao sesgo máis absoluto. Ela dá voz dende un posto privilexiado, non debera converterse nun altavoz máis da empresa

Se a información respecto á mina de Touro-O Pino que manexa a Conselleira Lorenzana está sustentada no que lle expón a empresa, o seu coñecemento basearase nas preciosas infografías de suaves lombas verdes que publica Cobre San Rafael

Esa imaxe idílica é ben diferente da realidade dunha mina de cobre a ceu aberto, observable por exemplo na que a empresa matriz de Cobre San Rafael, Atalaya mining , explota en Riotinto, Huelva

https://riotinto.atalayamining.com/la-mina/

Unha paraxe morta, case marciana, é ao que chegou tras un século, con algunhas interrupcións, de explotación. A principios de 2022 a prensa recollía a chegada de toneladas de residuos tóxicos do estranxeiro (Montenegro) ao vertedoiro de Nerva, un concello situado ao lado de Minas de Riotinto, onde fai pouco máis de 20 anos, nunha das crises cíclicas polo peche das minas, o pobo apostou polo vertedoiro que lle vendían como promesa de salvación da comarca. Paga a pena ler este artigo no que se describe como se lles vendeu o vertedoiro que  agora cualifican de erro histórico

“les engañaron”. “Lo que vimos fueron zonas verdes preciosas, con los niños jugando al fútbol encima, y pensamos que lo que tendríamos en Nerva sería lo mismo”. Lo que tienen es basura química casi hasta donde se pierde la vista

https://www.eldiario.es/andalucia/huelva/toneladas-residuos-montenegro-reavivan-huelva-movimiento-vertedero-nerva_1_8715334.html

Esas zonas verdes preciosas… non vos recordan a de publicidade que Cobre San Rafael exhibe na súa web?

Reflexionemos

Paga a pena reflexionar, escarmentar en cabeza allea … porque isto é o que está a acontecer xusto agora aquí e agora: Cobre San Rafael precisa “vendernos” o seu “producto” (a mina) e a “campaña de vendas” non ten medida: dende organizar viaxes para ver supostas restauracións idílicas en Asturias…que curiosamente nada teñen que ver coa falta de restauración que temos aquí, ao pé da casa … a comprar vontades (non ten outro nome!), repartindo cartos entre entidades sen ánimo de lucro da comarca… ou a velar pola contaminación da ría da Arousa (o raposo a coidar das galiñas!), aos innumerables patrocinios deportivos e festas … todo vale para meterlle a mina polos ollos a xente

Sabemos que o impacto ecónomico que ten unha mina é puntual, que sendo unha mina a ceo aberto os impactos medioambientais son inmensos, irreversibles... por moito fotomontaxe verde e bucólico co que queiran comprarnos. Sabemos as actividades que veñen detrás: coa desculpa da suposta “restauración” baseada nos tecnosolos levan anos e anos carretando milleiros de toneladas de residuos ao espazo mineiro …e sabemos o que está a pasar noutros lugares cunha situación parecida

Alguén puidera argumentar que antes as normas medioambientais eran máis laxas, pensar que con outra empresa as cousas poden ser doutra maneira … ben, ti, lector, podes abrir calquera navegador e comprobar como é a paisaxe, a situación aló por Riotinto ou Nerva … parécese acaso ao folleto de suaves lombas verdes?

Deixar un comentario