O DOG do 22 de novembro publica o anuncio da Consellería de Economía e Industria polo que se somete a información pública durante 30 días hábiles o proxecto de Cobre San Rafael, declarado en xuño como estratéxico. Temos sensación de “dejà vu”, nós esto xa o vivimos, volvemos ao casilleiro de saída: a mesma mina, nas mesmas terras e co mesmo método de explotación…un proxecto xa denegado polo seu impacto ambiental no 2020.

Os  documentos que compoñen o proxecto, debían estar neste link, pero ese día 22 non foron postos a disposición da ciudadanía. Si que se acompaña o anuncio cunha extensísima relación de bens que precisarán ser expropiados tanto no Concello de Touro (953) coma no de O Pino (826). Unha listaxe de propietarios e bens que lle deixa o corazón encollido a calquera… E nun segundo anexo recóllense outros bens nos concellos de Cruces, Arzúa e Touro que precisarán ser ocupados para traer unha liña de alta tensión eléctrica dende o embalse de Portodemouros….

Como vimos amosando, nestes anos a lexislación foise modificando dunha maneira totalmente asimétrica para favorecer os intereses das empresas que promoven estes proxectos, mentras se recorta dereitos e prazos aos cidadáns e asociación que se posicionan en contra. Sumado aos cambios lexislativos, a tramitación como proxecto extratéxico trae consigo, entre outros, a declaración de utilidade pública a efectos expropiatorios, así como a necesidade de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados.

Preténdese expropiar incluso vías públicas e regatos

A barra libre non ten límite: na listaxe tamén se propoñen para expropiar bens como estradas, camiños públicos e regatos, ademáis das fincas.

Por exemplo, o ben número 813 da listaxe correspondente ao Concello de Touro, con referencia catastral 15086B51309028, se o localizamos na páxina web de Catastro, corresponde á estrada pública que une a parroquia de Loxo coa de Arca, bordeando Bama, titularidade da Comunidade Autónoma. Unha estrada sen a que quedaríamos todos e todas.

O ben número 2 da lista do Concello de Touro, con referencia catastral 15086A00109200 (de propietario “descoñecido” ) correspóndese co Rego das Pucheiras

A mesma sorte corre o Rego de Brandelos, con referencia catastral 15086A09609200, tamén incluído na lista de bens a expropiar.

Por iso resultan case insultantes os derradeiros párrafos do anuncio da Consellería de industria, nos que parecen querer circunscribir a afección aos donos dos predios, cando en realidade afecta ao ben común, aféctanos a todos e todas.

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo de trinta (30) días hábiles sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha estratexia que parece quitar voz a conxunto da cidadanía. Non debemos permitilo.

Unha resposta a “Nova tentativa de CSR para poñer en marcha a mina de Touro- O Pino”

  1. […] Implica a desaparición de completa ou parcial  de cursos de auga, estradas e outros bens comúns (máis información aquí) […]

    Gústame

Deixar un comentario