Anota no teu calendario e súmate as nosas mobilizacións:
O martes 14 de xaneiro ás 17 horas entregaremos á Valedora do Pobo dunha solicitude demandando que se revoque o Acordo polo que se somete a información pública o proxecto, presentado por Cobre San Rafael, de reapertura da mina de extracción de cobre en Touro-O Pino, porque nos datos dos bens e dereitos afectados aparecen erros e omisións, que atentan contra o dereito a unha información veraz e completa das persoas e comunidades directamente afectadas. Por suposto, tamén se presentará ante a Consellería de Economía e Industria
Solicitamos entrevistas con todos os Grupos Parlamentarios no Parlamento Galego para transladarlles de primeira man a nosa problemática. Contestáronnos dous, e temos fixada unha primeira reunión co Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, con quen se manterá unha reunión o próximo mércores 15 de xaneiro. Quedamos á espera da resposta do resto dos Grupos parlamentarios.
Intensa presencia en actos e mesas informativos nas próximas semanas
Entre os días 17 e 29 de xaneiro celebraranse ACTOS INFORMATIVOS sobre a situación actual do intento de reabrir a mina de cobre de Touro-O Pino, así como das actividades que se están a realizar en Piloño-Vila de Cruces, Santiso, Teo, A Estrada, Padrón, Arzúa, Santiago, Ribeira ou Vilagarcía de Arousa.
Nas mesmas localidades instalaranse MESAS INFORMATIVAS que tamén facilitarán a presentación de ALEGACIÓNS ao ACORDO da Xunta de Galicia, polo que se somete a información pública o proxecto, presentado por Cobre San Rafael, de reapertura da mina de extracción de cobre en Touro-O Pino.
Achégate, infórmate e alega (alegacións dispoñibles neste enlace) , entre tod@s temos que facerlle fronte!.

Deixar un comentario