Mañá péchase o período para presentar alegacións a un proxecto que de saír adiante traería moitos impactos. Hoxe ben merece unha reflexión o que máis nos importa: como sempre dicimos cando non nos toca a lotería o importante é ter saúde, a saúde é o primeiro.

De saír adiante o proxecto mineiro, o pó e as partículas en suspensión procedentes da actividade mineira ( voaduras e movementos de material, moido da pedra, erosión…. ) afectarían negativamente á calidade do aire. Asimesmo, debido á dispersión aérea depositaranse nos chans da contorna. Esas pequenas partículas e elementos tóxicos teñen a potencialidade para provocar graves afeccións á saúde da poboación. Así se pon de manifesto nun recente estudo da Universidade de Granada, que alertaba dos graves efectos para as persoas daquela comarca debido á exposición ao pó e partículas contaminantes que unha mina de cobre a ceo aberto emite a atmósfera“[…]sobre la salud de los habitantes de Minas de Riotinto: una estimación de la exposición de la población a estos elementos ha mostrado que potencialmente es suficientemente alta para causar efectos tóxicos crónicos, especialmente en niños, incluyendo efectos carcinogénicos. Esto se confirmó mediante la comparación de las tasas de cáncer en esta región con las de Aracena, siendo las de Minas de Riotinto significativamente más altas para ciertos cánceres de las vías respiratorias como labio, boca, faringe, bronquios o pulmón

No noso caso, no proxecto presentado en 2024, e pese a súa similitude ao presentado en 2017 e posteriormente denegado, evidénciase un forte aumento das emisións contaminantes á atmosfera, que a asociación ecoloxista ADEGA resumíu no seguinte cadro:

Concretamente as emisións de partículas PM10 pasarían das de 165 toneladas ao ano previstas na fase de construción ás máis de 250 toneladas na maioría dos anos de explotación, unha cifra superior á que se recoñecía no proxecto Altri (252,5 toneladas por ano) . Emitiríanse tamén ata 100 toneladas nalgunha das fases de explotación de partículas máis pequenas, as PM2.5, uns contaminantes susceptibles de provocar importantes afeccións á saúde xa que debido ao seu ínfimo tamaño son inhaladas e alcanzan o sistema respiratorio, como se informaba neste artigo.

O pasado luns 27, nunha roda de prensa na que nos acompañaron o médico Manuel Martín e o xeólogo Fins Eirexas da asociación ecoloxista Adega expuxeron polo miúdo as afectacións á poboación que a exposición a estes contaminantes provoca. (Máis información aquí, ou aquí)

Á vista dos estudos científicos e da opinión dos expertos chama a atención que este efecto sexa avaliado como “impacto significativo e moderado” dentro do proxecto agora presentado.

Por iso infórmate, aproveita o último día do prazo e alega, (alegacións dispoñibles neste enlace) , entre tod@s temos que facerlle fronte!.

Deixar un comentario