Se hai bens ou dereitos da túa propiedade afectados polo proxecto Cobre San Rafael e non che cadra o que aparece na listaxe publicada no DOG coa realidade, non te preocupes, é un caso moi habitual. Como che contabamos nesta entrada esa relación está repleta de erros e omisións e carece dun mínimo de rigor. É curioso que dende 2017 a empresa promotora non tivera tempo de depurar esa relación …

Plano_Xeral_Impacto_do_proxecto_ Visor deseñado por Enxeñeiros sen Fronteiras

Dende fai uns días a Xefatura Territorial enviou aos afectados comunicacións individuais para que, en virtude do artigo 21.3 da Lei 3/2008 do 23 de maio de ordenación da minería de Galicia, poidan “presentar cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros das relacións publicadas”. Nese artigo indícase

El órgano minero realizará la publicación de la relación de bienes y derechos en el Boletín Oficial del Estado, en el de la provincia respectiva y en uno de los diarios de mayor circulación de la provincia, si lo hubiese, comunicándola además a los ayuntamientos en cuyo término municipal radique el bien o derecho a ocuparse para su exposición en el tablón de anuncios, para que dentro de un plazo de quince días, a contar a partir de la última publicación, las personas interesadas puedan formular alegaciones sobre la procedencia de la ocupación o disposición de los bienes y su estado material o legal.
Se notificará individualmente a cada persona titular de derechos o bienes afectados, que podrán, durante el transcurso del plazo fijado en el párrafo anterior, aportar cuantos datos permitan la rectificación de los posibles errores que se estimen cometidos en la relación que se haya hecho pública

artigo 21.3 da Lei 3/2008 do 23 de maio de ordenación da minería de Galicia

O proxecto Cobre San Rafael iniciou o período de exposición pública coa súa publicación no DOG do 22 de novembro de 2024. Posteriormente, e ante erros nos documentos expostos que impedían a súa lectura, ampliouse o prazo inicialmente previsto ata o 31 de xaneiro de 2024. Polo tanto estas comunicacións individuais deberan ter sido enviadas ás persoas titulares de dereitos ou bens afectados moito antes. Ademáis a listaxe só descrebe a superficie dos bens, situación e titularidade, obviando todas aquelas outras características que poidan outorgar valor a ese ben, como pode ser o uso do mesmo.

Se es un dos propietarios aos que lles chegou a carta, podes empregar este modelo para presentar alegacións.tes que cubrir os teus datos persoais (nome completo, DNI e enderezo) e marcar nos recadros do punto 4 cal das seguintes incorreccións presentan os teus bens:

  • Son propietario de bens afectados por ese Proxecto Cobre San Rafael e non aparezo entre os titulares publicados no DOG do 24 de novembro, posto q o ben do que son titular aparece a nome de propietarios anteriores.
  • Non son propietario de bens afectados por ese Proxecto Cobre San Rafael e aparezo entre os titulares afectados publicados no DOG do 24 de novembro, a pesares de que xa transmitín ese ben e non é da miña propiedade.
  • A superficie, características e/ou usos dos bens e dereitos da miña titularidade incluídos na listaxe é incorrecta.
  • A referencia catastral dos bens da miña titularidade é incorrecta.

Poden ser varias as opcións a marcar, se no teu caso se presentan varios erros.

E, por suposto, ademáis solicitar de que se corrixan os distintos erros, recalcar a solicitude de que se resolva a inadmisión do proxecto (en aplicación do artigo 39.4c) da Lei 21/2013 de Avaliación ambiental, porque xa se ditou unha resolución de impacto ambiental desfavorable para un proxecto substantivamente análogo ao agora presentado) E, de ser admitido a trámite, que se dite enha declaración de impacto ambiental desfavorable á vista dos impactos que unha mina de cobre a ceo aberto tería para a poboación e o medio ambiente.

Deixar un comentario