O proxecto mineiro presentado en 2024 trae consigo un forte incremento na emisión a atmósfera de distintos contaminantes, entre eles partículas PM10 e PM2.5, así como doutros elementos contaminantes, como che contabamos nesta entrada. Un dos que sofre un maior incremento é o arsénico, cuxas emisións se incrementan nun 77% no proxecto de 2024 respecto ao de 2017.

Resumo elaborado por ADEGA do incremento nas emisións á atmósfera respecto do Proxecto de 2017

Ese contaminante é especialmente sensible para o gando, sobre todo para o de leite. Por iso, este venres 28, gandeiros da comarca e membros da plataforma ofreceron unha roda de prensa na que se poñía o foco neste problema (podes velo aquí)

De saír adiante o proxecto mineiro, segundo o EsIA33_Anexo 31_ESTUDIO DE DIAGNÓSTICO AMBIENTAL, que forma parte da documentación presentada en 2024, as emisións de arsénico á atmósfera variarían entre os 48 kilos/ano durante a fase de construción as 170 kilos/ano durante a fase 1, 140 kilos/ano na fase 2 e valores similares no resto das fases de explotación.

No caso do arsénico hai documentadas grandes afeccións ao gando vacún, especialmente ao de produción de leite. No documento “Arsénico y vacas de produción lechera. Un caso clínico”, unha publicación do Ministerio de Agricultura, indícase explícitamente como unha das causas da exposición dos animais a altos niveis de arsénico a minería de cobre: “Distintas industrias utilizan o producen arsénico en sus actividades, como por ejemplo en la extracción, en minería de plomo y cobre”. Baseándose na análise de explotacións gandeiras afectadas e da literatura científica dispoñible amósanse efectos devastadores para o gando:

“El arsénico puede atravesar la placenta y llegar al feto, pudiendo causar malformaciones. Se han detectado pequeñas cantidades en la leche materna, tanto en el hombre como en vacuno”

“El arsénico ingerido pasa a vía sanguínea […]Los mayores niveles se encuentran en el hígado, bazo y riñones . Se han realizado estudios en los que se ha demostrado analíticamente que animales que están expuestos a arsénico en el agua, tienen una mayor concentración en el hígado que en zonas musculares en una relación 1,5:1.

Con estos datos, es posible pensar en las complicaciones que pudiera tener una vaca lechera en situaciones con un alto nivel de exigencia en la producción, como es la primera fase de lactación, en la que la funcionalidad del hígado es vital, ya que metaboliza las grasas corporales cuando el animal no tiene suficiente capacidad de ingestión para cubrir sus necesidades energéticas “

“Teniendo en cuenta que una vaca lechera puede llegar a beber 180 litros de agua, se puede suponer que, aun estando los niveles de arsénico dentro de un rango seguro en humanos, las cantidades totales que pudiera ingerir una vaca pudieran ser lo suficientemente altas como para valorar el riesgo de una posible intoxicación”

No estudo indícase que os animais afectados presentanun estado de depresión y su condición corporal era menor que la normal en un animal en su misma etapa productiva”,así como “una bajada de producciones y calidades de la leche”.


Polo tanto, emisións de arsénico á atmósfera por riba dos 100 quilos por ano no medio dunha zona agrogandeira poden afectar ao desenvolvemento das explotacións gandeiras, e constituír un problema de saúde animal, e consecuentemente tamén humana. Este pó cargado de contaminantes depositarase na herba e nos cultivos forraxeiros da contorna, así como nos cursos de auga, entrando a formar parte da cadea alimentaria do gando. Hai que ter en conta que unha vaca de leite pode beber 180 litros de auga ao día e comer uns 40-45 kilos de silo de millo e herba, polo que, como indica o artigo as cantidades totais dese contaminante acumuladas no animal poden ser altas.

Compre reseñar que as explotacións da comarca sufriron un notable proceso de modernización e especialización nos últimos 20 anos. Así mentres o número de explotacións se reducíu prácticamente a un terzo, as cabezas de gando mantivéronse ou incluso aumentaron, de maneira que hoxe en día o tamaño medio sitúase en 43 cabezas de gando vacún por explotación na comarca de Arzúa, (eran 16 cabezas de media por explotación fai 20 anos). Na comarca destaca especialmente o caso de Touro con 52 cabezas de gando por explotación de media, cando fai 20 anos esa media eran 15 cabezas de gando.

Cómpre subliñar ademáis que, se Touro conta en total con case 8.000 cabezas de gando vacún, as parroquias colídantes co proxecto, principalmente Bama e Loxo copan unha cantidade moi significativa desas cabezas de gando.

En distintas zonas próximas a minas hai constancia da contaminación de solos e vexetación por arsénico que derivan en afectación ao gando vacún:

  • Nas proximidades dunha antiga mina de wolframio en Barruecopardo (Salamanca)(máis información aquí)
  • En Asturias, a organización FAPAS alertou recentemente da existencia de pastos tóxicos nas proximidades da mina de ouro de Belmonte de Miranda.(máis información aquí)
  • En Corcoesto unha investigación do CSIC detectou que a antiga mina deixou concentracións de arsénico que chegan a superar 400 veces os valores dun solo non contaminado (máis información aquí)
  • Neste artigo publicado na revista española de toxicoloxía descrebese un caso extremo de intoxicación de gando vacún por residuos de minería que contiñan arsénico ”Riesgos de los residuos de minería: intoxicación intencional en vacuno por arsénico inorgánico”.

A magnitude do problema é especialmente importante nunha comarca eminentemente gandeira coma esta, e constitúe unha mostra máis da incompatibilidade dunha mina a ceo aberto coas actividades económicas que hoxe en día se desenvolven alí, coa saúde da xente e co benestar do gando

Deixar un comentario