Era primeiros de marzo de 2018. Eramos veciñ@s recén estreados na loita contra o proxecto mineiro nos nosos concellos e nun medio de comunicación Alberto Lavandeira, CEO de Atalaya Mining, dera unha entrevista contando as bondades do “Proyecto Touro”…, na súa liña, digamos con gusto polo titular “excesivo” e “facilón”: “Ni hay riesgo de contaminación ni habrá vertidos en la mina de Touro. Cero, está garantizado“ (artigo completo aquí). Moito xogo dera aquel vertido 0,0…
Nós xa leramos o proxecto e flipamos. “E mira o que dí aquí…pero se eso vin eu que non era así no proxecto!” ” E mira aquí… esto puxémosllo nas alegacións!”. Fervíanos o sangue, queríamos que o mundo enteiro soubera que as cousas non eran como as contaba aquel señor, que as declaracións do xornal non se correspondían co proxecto que estivera en exposición pública e que pretendían implantar nos nosos concellos. Redactouse un “comunicado”, “Desmontando a Lavandeira”, e mandouse a prensa. Por suposto o xornal que publicara a entrevista non nos publicou…pero algún sí o fixo e aínda se pode atopar un pequeno resumo neste enlace, que permite tamén descargar aquel comunicado completo.
Estes días, sete anos despois, Lavandeira volve dar unha entrevista nun medio que a nós nunca nos publicará: “A España le ha tocado la lotería con la minería” (aquí), é o titular desta vez. Curiosamente a estrutura do artigo é moi similar ao de fai sete anos: apelando ás súas orixes no Carballiño e a súa experiencia en minas polo mundo adiante, esgrime practicamente o mesmo argumentario: a minería moderna é prácticamente infalibe, inocua medioambientalmente e compatible con “todo”. Se acaso fai algunha acotación no caso de Touro: “Presentamos un proyecto en el año 2018 y se nos rechazó en el año 2020 porque posiblemente no supimos explicar bien cómo era nuestro proyecto, que era totalmente nuevo“[…].Tras ese rechazo en el año 2020 hicimos un proyecto totalmente nuevo[…]”….Tanta “novidade” para explicar unhas liñas máis adiante que: “Es un yacimiento a cielo abierto, similar a Riotinto, con una vida prevista de unos 15 años“. Vaites! é unha mina de cobre a ceo aberto cunha explotación convencional de voadura e arranque…coa diferencia de que aquí en Touro nen sequera se transforma o concentrado de cobre, senón que se exporta.
Sete anos despois temos callo e perdemos capacidade de asombro, xa non imos correndo a buscar o documento do proxecto que contradí as súas afirmacións. Como moito, vénsenos a cabeza o diagrama do proxecto presentado en 2017 e o do “proxecto totalmente novo” presentado a finais de 2024, comparando ambos cremos que se aprecia ben a dimensión das “novidades” introducidas…


E o que son as cousas, nalgo coincidimos: na entrevista destes días afirma que non se vai retirar “hasta conseguir reabrir un último yacimiento en su tierra: la Mina de Touro (La Coruña), que lleva una década de tramitación administrativa“
Nos tampouco imos parar.

Deixar un comentario