Este luns 28 a península ibérica sufría un apagón xeneralizado do cal aínda non se precisaron as causas. Este mundo no que vivimos, optimizado para a monotonía de tódolos días, vénselle as “costuras” cando un suceso grave e inusitado o golpea de repente. Nos vindeiros días correrán ríos de tinta e especiais informativos que analicen o sucedido. Nós queremos poñer o foco no que nos toca de preto:

https://www.europapress.es/galicia/noticia-toda-galicia-recupera-suministro-electrico-volver-luz-touro-arzua-20250429150409.html

Ás 11.15 da mañá do martes 29, a Delegación do Goberno en Galicia confirmaba a Europa Press que os concellos de Touro e Arzúa permanecían sen electricidade, mentres este subministro xa estaba recuperado e restablecido ao 100% no resto do país.

Touro e Arzúa fomos os últimos: dous concellos cos seus territorios cosidos a liñas eléctricas, no caso de Arzúa especialmente en parroquias como Dombodán, que  forman unha auténtica maraña conectando o embalse de Portodemouros coas redes de distribución de enerxía.

https://ficheiros-web.xunta.gal/cei/enerxia-e-minas/mapas-rede/cuadrante1.pdf

Unha maraña de liñas eléctricas que aínda se incrementaría no caso de que o proxecto de reapertura da mina fose adiante, posto que traería consigo unha nova liña de alta tensión de 66kV (dobre circuito) entre o embalse de Portodemouros e Touro, unha subestación e a correspondente conexión coa planta de procesamento de mineral. En total máis de 15 kilómetros, que no proxecto se presentan fraccionadas artificialmente en dúas, cando en realidade son a mesma liña.

Por qué ese fraccionamento aparentemente absurdo?

Tal vez porque segundo a modificación do 13 de xuño de 2023 da Ley 21/2013 de Evaluación Ambiental do 9 de decembro han de ser sometidas especificamente a avaliación ambiental as liñas eléctricas as de lonxitude superior aos 15km?

g) Construcción de líneas eléctricas con un voltaje igual o superior a 220 kV y una longitud superior a 15 km, salvo que discurran íntegramente en subterráneo por suelo urbanizado, así como sus subestaciones asociadas

Por qué unha nova liña de alta tensión cando xa existe entre Portodemouros e Touro dende a explotación da mina dos 70-80?

O sucedido estes días é moi elocuente do que ocurre con estes proxectos que din aproveitar os recursos naturais para o progreso da sociedade: para que estivese recuperado o subministro no 100% do país esas liñas eléctricas que surcan os nosos ceos, creando servidumes sobre os nosos montes e leiras e campos magnéticos que poden afectar a nosa saúde, estaban servindo electricidade a outros, esquecendo precisamente aquelas persoas que residen nos lugares que sofren coa súa xeración.

Porque non importa o territorio e as súas xentes, impórtalles o beneficio.

Deixar un comentario