Dicía Neira Vilas que as montañas arredan e os ríos unen, (Vinte anos retornando, 2006). El, que naceu na beira pontevedresa do Ulla, en Gres, consideba que o río non era fronteira, ao contrario: ” Ledesma pertence a Boqueixón, na provincia da Coruña, mais a división administrativa non conta nisto. É a mesma comarca. Somos todos uns, unidos por este val profundo”.

Un río é unha regalía, un tesouro ligado á vida: dende a antiguidade as grandes civilizacións apareceron ao pé de ríos que lle permitiron desenvolverse. Tan intrínseco é ás distintas culturas, que os ríos aparecen vinculados ao culto en moitas relixións: Xesús foi bautizado no Jordan segundo o cristianismo, o os hinduistas buscan no baño no Ganges a purificación dos seus pecados. Miremos onde miremos, os ríos están presentes en todo aquilo que nos define como humáns. No libro “Siddharta” de Herman Hesse, a ubicuidade do río que está a vez no nacemento e na desembocadura é usada polo autor para ensinarnos a fraxilidade do concepto do tempo. Na literatura, na pintura, …sexa cal sexa a corriente pictórica que escollamos imos atopar cadros con almorzos á beira do río, con rapaces bañándose nas súas augas…

Por séculos, nas beiras do Ulla os nosos antepasados pescaron, bañáronse, deron conta dunha boa empanada á sombra umbría da follaxe da ribeira…Máis no último século esa febre que asalta a humanidade por chegar máis lonxe, o máis axiña posible levounos a velo únicamente como un medio para facer capital: dende instalarlle dende enormes encoros, a que recibira drenaxes acedas de mina ou metais pesados, a distintas augas residuais cunha deficiente depuración…E o que se parou polo camiño. E o que está por vir se non loitamos!

Concentración en defensa do Ulla

O río é unha arteria, vertebra e comunica o territorio e tece lazos dende o seu nacemento a súa desembocadura. Unidos arredor do río, na liña dese espírito lúdico pero reivincativo, o domingo 4 de maio, xunto con diferentes plataformas veciñais e asociacións ecoloxistas, promovemos unha baixada de rafting contra Altri e a mina de Touro-O Pino da man de Caiac extremo Galiza. Posteriormente a esa actividade acuática, terá lugar unha concentración no campo da Insua (Padrón) no que se dará lugar á lectura dun manifesto e actuacións musicais.

Dende a Ulloa ata a Ría, o río está na alma do noso territorio.Na súa defensa, acompáñanos este domingo!

Deixar un comentario