Somos persoas coma ti, que un día viron ameazada a súa vida.
Sabemos que moita xente quere sumar a súa voz á nosa causa.
Porque vos doe a nosa circunstancia. Porque sabedes que non podemos vivir cunha mina a carón dos nosos fogares.
Porque entendedes que o valor medioambiental de Galicia está por enriba dos intereses comerciais dunha empresa.
Se podes axudarnos… contacta!
Cremos no poder dunha veciñanza unida e da colaboración entre persoas. Iso foi o que nos trouxo ata aquí, e o que deterá este proxecto.
Por iso, contamos contigo para avanzar. Se tes formas de apoiarnos dando difusión ás nosas voces. Se podes falar disto na prensa. Se podes entrevistarnos. Se podes axudarnos coa cartelería. Se queres estar ó noso lado.
En definitiva, se queres botar unha man queremos que sexas parte disto. Precisamos a túa forza para lograr parar a mina.
Contacta coa plataforma veciñal e suma os teus esforzos
Categorías:mina touro o pino non