Tal día como hoxe, fai 20 anos

O 21 de xullo de 1999 a mina de Touro protagonizaba media páxina do xornal[1].

Facía xa máis de 10 anos que a vella mina pechara, e os regatos da zona agonizaban. Preocupaba tamén o traslado de resíduos de Ence aos terreos.


Urxía abordar a restauración dos terreos. Convocar unha mesa na que participaran, ademáis dos veciños, Xunta, Concello, e a empresa dona dos terreos dende 1993, Explotaciones Gallegas.

“Se houbese vontade, isto non estaría así”

Afirmábao o representante da Coordinadora ambiental Touro-Ulla. Pero non houbo vontade. Cando menos para abordar o problema dun xeito serio e rigoroso.

Na columna da dereita da noticia pódese ler como os Concellos (Touro e O Pino) presentaban á Deputación un anteproxecto para recuperar parte dos terreos cun campo de golf. 300 millóns das antigas pesetas (1.8 millóns de euros). Que pagase a Deputación o 95%, que eles poñían o 5%.

Finalmente non nos “tocou” o campo de golf, senón que neses terreos se implantaron empresas de “valorización de resíduos”. “Valorización”, esa palabra bonita e positiva que agocha outra realidade ben distinta detrás.

En vez de carriños que leven os xogadores de golf dun lado a outro do campo, sufrimos camións que transportan cargas nauseabundas de resíduos que se tratan neses terreos.

“Converter un resíduo nun recurso”, foi o lema inspirador da restauración. Que ben soa enriba do papel. Carrexar miles e miles de toneladas de resíduos, ano tras ano para eses terreos degradados que deixou a mina dos anos 70-80.

Hoxe poderiamos facer a foto no mesmo lugar do periódico de fai 20 anos e atopariamos ese mesmo río contaminado.

O 25 de agosto do 2017, unha empresa chamada Cobre San Rafael presentou un proxecto para a reapertura e ampliación da mina. Case 700 hectáreas: 200 da mina vella e outras 500 novas, terreos que agora son prados e bosques.

Outra mina? Volvemos ao principio?

Un pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila

Sabemos o que foi e o que pode ser. Sábelo ti?

Séguenos! Infórmate! Difunde!

Apoianos para deter esta tolemia!

[1] 1999_07_21_La Voz de Galicia. Podes atopar a noticia na pestana Recursos

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s