Un pouco de historia (1)

A concesión mineira San Rafael nº 2946

O xérmolo dun proxecto mineiro é a concesión mineira, na que a Administración otorga a un particular o dereito de aproveitarse dun recurso.

Se ese recurso mineiro está no subsolo dos nosos pobos, comeza a fraguarse a ameaza.

No caso do xacemento de Touro-O Pino, a concesión foi otorgada en 1958 a Rafael Saenz-Díaz para a explotación de pirita de ferro, co nome de “San Rafael 2946”.

En 1978 consolidouse por 90 anos e cambiou o recurso a explotar por cobre.

A concesión foi transmitida á empresa Rio Tinto Minera SA, que explotou a mina de cobre a ceo aberto entre 1972 e 1986 nos nosos concellos.

En 1993 pasou a Explotaciones Gallegas, e ésta, no 2017, trasmitíulla a Cobre San Rafael, que é a promotora do novo proxecto para a reapertura e ampliación da mina.

concesión rafael saenz díaz garcía

Inicialmente, constaba de 1.827 hectáreas (1.827 campos de fútbol). No 2011 solicitouse unha demasía da concesión, ata unha superficie total de 2.744 hectáreas, o equivalente a 98 “cuadrículas mineiras”[1], que é a forma de medir as concesións que estableceu a Ley de Minas de 1973.

 Como se pode observar, a concesión solápase cos concellos de O Pino, Touro, Boqueixón e Vila de Cruces, e sitúase moi próxima ao Concello de Santiago de Compostela, enriba dunha chea de núcleos de poboación.

mapa proyecto touro

A concesión de explotación trae da man a “utilidade pública”, polo que, cando un proxecto mineiro se aproba para explotar o recurso, os intereses dos donos da concesión para a ocupación e expropiación de terreos van estar por riba dos intereses individuais dos propietarios afectados.

Para os veciños significa que os seus terreos, casas, negocios… levantados ca suor de anos poden ser expropiados. Tamén poden perder moito valor a carón dunha explotación mineira, que trae consigo unha enorme merma na calidade de vida. Está en risco o noso modo de vida e nosa súa saúde.

Utilidade pública? Interese social?

Non somos quen de entendelo, aínda recorrendo á definición:


“Calquer fin supraindividual que denota unha necesidade colectiva prevalente á do mantemento da situación privada afectada” (interese social).

Máis alá dos nosos intereses como veciños, como entender o estrago do patrimonio natural, histórico e cultural? Estes pertencen tamén ás xeracións que están por vir.

Neste proxecto mineiro, cal é importancia real para a economía do país? Ollo!, non para o peto do promotor, que ise está fóra de dúbida. O beneficio fronte ao enorme dano que vai provocar.


[1] As cuadrículas mineiras permiten demarcar o territorio seguindo os meridianos e paralelos (artigo 76, Ley de Minas 1973). Cada cadrícula ten aproximadamente 30 hectáreas. Anteriormente, empregábanse as “pertenencias”, cadrados de 100 metros de lado.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s