Barcos de importantes asociacións ecoloxistas reivindican nos portos galegos

O Rainbow Warrior de Greenpeace e o Diosa Maat de Ecologistas en Acción visibilizaron loitas medioambientais locais, ademáis de achegar a súa mensaxe á cidadanía galega.

Este pasado mes de xullo o veleiro Diosa Maat de Ecologistas en Acción percorreu a costa, achegando a súa mensaxe a distintos portos galegos[1].

A través de distintos actos, visibilizaron loitas medioambientais locais dende a perigosa contaminación por lindano en O Porriño, ao problema de sedimentos e contaminación na ría de Pontevedra ou na de Muros-Noia.

Unha mensaxe contudente contra a Mina de Touro – O Pino

Nesta última, na súa parada no porto do Freixo, xunto con distintos colectivos abordaron a contaminación da ría de Muros-Noia. A falta dunha adecuada depuración das augas residuais de distintos concellos que verten ao Tambre, ou as drenaxes das balsas abandoadas da mina de San Finx teñen moito que ver.

Días máis tarde, a finais de mes, o mítico Rainbow Warrior atracaba no porto de Vilagarcía[2] traendo a súa mensaxe de “Cambia a enerxía, non o clima”, completando a súa campaña europea nas costas galegas.

Coa súa presenza quería achegar a cidadanía galega as graves consecuencias do cambio climático. Puxo de manifesto tanto o problema, as súas causas e consecuencias, e as opcións que como cidadáns temos para participar activamente.

Unha imaxe das reinvindicacións en Galicia

Precisamente este é un dos temas onde a cidadanía está alzando a voz, con firmeza e urxencia, demandando os cambios necesarios que palíen a situación.

Loitas locais? Loita global?

Nós loitamos contra a reapertura e ampliación dunha mina de cobre a ceo aberto nos nosos concellos. Vemos que por todo o territorio abrollan moitas loitas similares en resposta a outras tantas problemáticas.

Sexan minas preto das casas, ou empresas de tratamento de resíduos, que detrás da súa imaxe verde buscan só o seu negocio. Ou empresas de “enerxía verde” que non respetan o territorio e os seus habitantes.

Os gobernos non están sendo quen de afrontar os problemas nin de implementar solucións (non saben ou non queren?).

A cidadanía levanta a voz, contra unha forma de vivir e agredir o planeta que xa non podemos permitirnos como sociedade por moito máis tempo.

É preciso levantar a voz, é precisa tamén a túa voz.


[1] https://www.ecologistasenaccion.org/124011/travesia-por-las-rias-baixas-del-diosa-maat-en-apoyo-a-luchas-locales/

[2] https://es.greenpeace.org/es/sala-de-prensa/comunicados/el-rainbow-warrior-llega-a-vilagarcia-de-arousa-dentro-de-la-campana-en-marcha-por-el-clima/

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , ,

1 comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s