Xa van alá dous anos dende que Cobre San Rafael presentara o seu proxecto. Dous anos desde que esta loita botara a andar.
Berramos “non” a unha forma de crear riqueza para uns poucos, só por uns poucos anos, esmagando a forma de vida de moita xente. O patrimonio medioambiental e cultural é de todos, tamén dos que están por vir.
O movemento do lobby mineiro
Fronte a isto, o lobby mineiro esforzáse en presentar estes movementos veciñais e medioambientais como uns “iluminados”, inimigos do interés xeral.
Precisan ter unha cidadanía calada, sumisa, non crítica. Nada mellor logo que “educar” as vontades, se pode ser dende ben pequeniños.
Así, a principios de marzo do 2019 a Cámara Mineira presentaba unha campaña de comunicación dirixida a “mellorar a imaxe social da minería” en Galicia.
Con contidos audiovisuais á medida de diferentes espectadores, primaria, infantil e ESO[1], nos que se presenta unha visión edulcorada da minería ben lonxana á realidade.
Convidámosvos a que invirtades uns minutos do voso tempo en ver algún deles e saquedes as vosas propias conclusións.
Non é isto unha campaña de adoutrinamento?
A nosa compañeira Julia fixo neste artigo[2] unha análise das mensaxes que se lanzan desde esta campaña se lanzan, aparte da visión edulcorada e irreal da minería:
- Mesturan o interese xeral de Galicia con interese duns poucos -as grandes empresas-.
- Difunden unha imaxe negativa e falsa dos movementos veciñais que se enfrentan a eses seus proxectos.
- Manteñen e incentivan un modelo económico que está afectando á capacidade de sostibilidade do planeta.
É preciso que reflexionemos como sociedade, cando máis se temos en conta que estes materiais “educativos” se producen ao abeiro de axudas públicas[3], pagadas por todos.
Lede, informádevos e
xulgade vós mesmos. Máis que nunca, é
preciso unha cidadanía con conciencia e espírito crítico.
[1] Vídeo minería sostible infantil (3-6 anos):
Vídeo minería sostible primaria (6-12anos):
Vídeo minería sostible secundaria ESO(12-16anos):
[2] https://ctxt.es/es/20190306/Firmas/24749/Julia-Barbosa-tribuna-minera-Galicia-explotacion-recursos.htm
[3] https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180403/AnuncioG0424-210318-0006_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190226/AnuncioG0424-180219-0003_gl.html
Categorías:mina touro o pino non