Este xoves 17 de outubro tivemos a oportunidade de recibir a visita de Juan López de Uralde, un referente da ecoloxía en España. Juantxo estivo ao frente de Greenpeace durante unha década, foi cofundador do partido político Equo e nas dúas últimas lexislaturas foi deputado por Podemos. Acompañárono na súa visita outros deputados e membros de Galicia en Común, tanto no parlamento español como no galego, Antón Gómez Reino, Marcos Cal, Luca Chao, Loreto Taibo e Alex Botello.
Visitamos con eles a zona afectada, expuxémoslle a nosa loita e participamos nun interesante coloquio no que se debateu unha ampla problemática á que non se está a dar resposta.
Vaia por diante o noso agradecemento aos que nos escoitan e levan a nosa voz a onde nós non chegamos e fan súa a nosa loita.

Ese encontro servíu, ademáis de para visitar a zona afectada, para intercambiar experiencias e transmitirlle a forza da razón que nos move a seguir, a pesares de ser unha batalla tan desigual. Recibimos a experiencia noutras loitas, pasadas e presentes, empatía e azos para continuar
Desenvolveuse así un interesante coloquio no que se debateu unha ampla problemática á que non se está a dar unha resposta.


A necesidade de reformar a Lei de minas de 1973 que de ningunha maneira pode ser un marco axeitado para regular a realidade actual. Tamén outras do ámbito autonómico, máis novas pero igualmente inapropiadas, como a Lei fomento da implantación de iniciativas empresariais, cuxo alcume, “lei depredación”, explica ben as claras o seu contido: facilidades no acceso e tramitación de iniciativas privadas de grandes empresas fronte ao que é de todos, e que afecta a moitos ámbitos, dende a minería aos eólicos.
A utilización perversa que se fai do concepto de “ben común” converténdoo xusto no contrario, no beneficio duns poucos.
A falta de regulación e vixilancia adecuada na xestión de resíduos, un negocio en auxe, que, coa desculpa de “restaurar” “espacios degradados” está a proliferar nas vellas minas e canteiras, a costa da saúde e calidade de vida da poboación e do medio ambiente en xeral.

Xorde, en definitiva, a necesidade de respetar ao territorio e aos que viven nel como verdadeiro antídoto ante a decadencia do rural , fronte aos que promoven iniciativas só por uns poucos anos… que precisan arrasar o territorio e os medios de vida de outros para desenvolverse e que son lucrativas só para quén as promove.
Nós defendemos a nosa terra e o noso modo de vida.
Os gobernos, representantes da cidadanía, están a facer o mesmo?
Categorías:mina touro o pino non