Néstor Rego visita á plataforma mina Touro O Pino non

Néstor Rego, candidato do BNG ao congreso, visitou este venres 25 a zona na que se pretende desenvolver a mina de cobre a ceo aberto nos nosos concellos.

Néstor estivo acompañado do representante do BNG de Touro Xan Louzao, Lucía Barreiro do BNG do Pino e por membros da plataforma veciñal contraria á mina.

Néstor Rego, Xan Louzao e Lucía Barreiro acompañados por membros da plataforma veciñal mina Touro O Pino non.

Visitamos a zona afectada e departimos sobre a nosa problemática e o marco regulamentario que permite agromar proxectos insostibles coma o de esta mina.

O noso agradecemento aos que buscan un oco na súa axenda e se fan eco da nosa realidade e de outras problemáticas similares que asolan o noso país.

Precisamente, na tarde do xoves, foi Néstor Rego quen convocou a distintos grupos ecoloxistas e de defensa da terra, tamén a nosa plataforma veciñal para presentarlles as súas propostas.

Segundo afirma, resúmense en defender políticas que garantan a sustentabilidade para as xeracións futuras, poñendo fin a aquelas políticas que están a ter consecuencias moi destrutivas para a nosa terra.

Precísase un marco axeitado á realidade actual, como reformar a Lei de Minas de 1973 ou desenvolver o Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia contemplado na Lei de ordenación da minería en Galicia do 23 de maio de 2008,que aínda está pendente dende aquela.

No ámbito autonómico,a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais (cuxo alcume, “lei de depredación”, explica ben as claras o seu contido) parece que vai xusto na dirección contraria á que se precisa agora mesmo para a sociedade e para o planeta.

A nosa ameaza é unha mina de cobre a ceo aberto.

Para levar a cabo a súa actividade (por 14 anos segundo di o proxecto) precisa alterar o territorio para sempre. Non pode ser sostible o que esgota e precisa arrasar o medio para desenvolverse.

Aquelo que consume recursos inxentes de bens coma a auga, que é un dereito de todos. Aquelo que precisa expulsar do territorio aos seus habitantes por xeracións, eliminando ou afectando gravemente o seu modo de vida.

Precisamos que nos escoiten e leven a nosa voz alí a onde non podemos chegar.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s