Veciñ@s contrarios á mina de Touro-O Pino levan as súas demandas ao Parlamento Europeo

O tratado da UE (artigo 227) contempla a posibilidade de que os cidadáns dos estados membros presenten as suas queixas ante as institucións europeas cando consideren que hai un abuso por parte dun estado, unha autoridade local ou unha institución.

Esta posibilidade foi aproveitada pola plataforma contra mina de Touro e O Pino para presentar tres denuncias ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

En base a esta queixa presentada a principios do 2018, o grupo Os Verdes-ALE, a través da eurodeputada do BNG Ana Miranda, invitou a unha delegación de representantes veciñais contrarios á reapertura da mina para que defenderan esta petición.

Esta comparecencia diante da Comisión de Peticións celebrouse o martes día 12 de novembro de 2019 e permitiu facer ver á U.E o grande problema ambiental que supuxo a anterior explotación mineira e o que suporía a reapertura da actividade mineira.

Así mesmo esta visita dou a oportunidade de que esta delegación mantivera unha reunión de traballo coa eurodeputada dos Verdes-ALE Tatjana Ždanoka, que a sua vez é a vicepresidenta da Comisión de Peticións, á que lle trasladaron os datos polo miudo do problema actual e do proxecto de reapertura.

Ante os argumentos esgrimidos pola delegación o Parlamento Europeo accedeu á petición de manter aberta esta denuncia co obxectivo de que esta se siga investigando.

Así mesmo, esto permitiu solicitar que unha delegación da eurocámara visite a zona para comprobar de primeira man a contaminación xerada pola antigua mina

(como xa se fixo no seu momento coa contaminación da ría do Burgo na Coruña).

Consideramos que é dunha gran importancia que os problemas de contaminación xerados pola megaminería se escoiten tamén en Europa á vista da actitude da Xunta de Galicia, máis interesada en defender os intereses dunha grande multinacional que das actividades económicas que se desenvolven na zona e do bo estado das augas da contorna mineira que levan a sua contaminación ao río Ulla e a ría de Arousa.

Grazas a tod@s os que o fixeron posible.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s