Celebramos o quinto aniversario de Salvemos Catasós

O sábado fomos de festa, a loita tense que levar socializando e con alegría, e non podíamos ter mellor compañía: a xente da plataforma de Salvemos Catasós. Xente involucrada e combativa coa que festexamos cómo un grupo de veciños gañou á batalla a Fenosa salvando unhas fragas das máis fermosas que temos no noso país.

A nosa plataforma foi convidada a unha charla- debate xunto cos compañeiros de Plademar Muros Noia, Salvemos a Comarca de Ordes, Plataforma pola Recuperación do Sar, Salvemos o Iribio e Auga Limpa Xa!, de Xinzo de Limia na que falamos das diferentes problemáticas.

“Moitas frontes unha loita”

“Redes contra o espolio ambiental de Galicia”

O lema escollido para arrancar a charla-debate non podía ser máis acaído. Ao ir debullando as diferentes loitas e problemáticas non tardaron en aparecer nexos e similitudes, sexan eólicos, minas ou contaminación das augas. Compartir e debater fainos máis fortes, recoñecemos o noso problema nas verbas do compañeiro. Recibimos empatía e azos para continuar.

Dicir Catasós é dicir esperanza, saber que sí é posible aínda que a loita sexa tan desigual.

Pero era día de festa, así que a conversa extendeuse na cea, que dou para falar de unha forma máis distendida e tecer lazos.

Rematamos este quinto aniversario de Salvemos Catasós animadamente coa música de Zeltia e Peter e do grupo de rock Zenzar.

Zeltia e Peter
ZËNZAR rock en galego

Moitas grazas a todos pola acollida, foi un día xenial… agardando impacientes o próximo aniversario.

Parabéns Salvemos Catasós!!! Sodes un exemplo a seguir!!!

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s