Din que se aveciña unha nova crise…

Nos últimos meses, segundo os expertos, diferentes indicadores así o auguran: freo na creación de emprego, previsión dun menor crecemento… Aínda é cedo para saber se entramos nunha etapa de crecemento máis débil da economía, de ralentización, ou estamos vivindo o preludio dunha nova recesión.

E por qué vos contamos esto?

Porque unha situación de estancamento ou recesión é un escenario moi propicio para que se agromen proxectos como o de reapertura e ampliación da mina que está actualmente en trámite nos concellos de Touro e O Pino. Ou como aquel da mina de Corcoesto que aló polo 2013 ameazou a comarca de Bergantiños.

Proxectos “redentores” de zonas asolagadas polo desemprego.

No estudo económico que acompañaba ao proxecto da mina de Corcoesto podíamos ler:

“al finalizar el mes de marzo pasado había en los 3 municipios del área 2027 parados inscritos en las oficinas del Servicio Público de Empleo, 612 más que en el mismo mes de 2009 […]. Así pues en un territorio que está sufriendo con mayor dureza los efectos de esta recesión, también este proyecto abre nuevas oportunidades para recuperar el empleo

(O mes de marzo era o de 2013, e os concellos aos que se refería eran os de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso. No proxecto “prometían” máis de 400 postos de traballo directos)

E no “Estudo de impacto económico” que acompaña ao Proyecto Touro presentado en agosto de 2017 :

“al finalizar el mes de noviembre pasado había en los 4 municipios de la comarca 1052 parados inscritos en las oficinas del Servicio Público de Empleo, 105 más que a finales de 2009[…]. Así pues en un territorio que aún está sufriendo los efectos de esta recesión, también este proyecto abre nuevas oportunidades de recuperar el empleo

(referíase ao mes de marzo de 2015 e a comarca de Arzúa: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. No proxecto tamén “prometen” 400 postos de traballo directos)

Cántas similitudes na redacción e na intención!

No caso do “Proyecto Touro”, como xa se iniciaba a recuperación económica e melloraban as cifras de paro, os autores tomaban as cifras que lle interesaban, de case dous anos antes, en novembro de 2015, cando o paro era notablemente maior. Non fora a perder dramatismo o argumento

A mina non abríu, qué pasou co paro nos nosos concellos?

Que coa mellora económica xeral, sen necesidade de ter o proxecto mineiro en marcha, o paro foise reducindo en ambos concellos e na comarca de Arzúa, porcentualmente incluso máis que o total galego. De maneira que nos nosos concellos hai hoxe prácticamente a metade de parados rexistrados que había no 2013, no peor da crise. Entre ambos uns 400 parados menos, 258 no caso de O Pino, e 208 no caso de Touro.

A mellora é evidente tamén comparando cos datos de 2015, que eran os que manexaban nese proxecto “salvador”.

 400 parados menos dende 2013. Sen mina.

Coas actividades de autónomos e pequenas empresas que xa están instaladas no territorio, que xeran emprego e moven as economías locais.

É preciso apoiar as actividades sustentables, as que xa están e as que poidan botar a andar, fronte as que precisan arrasar o territorio para desenvolverse. 

Agora que o ciclo económico vira e pode volver a repuntar o desemprego, debemos ter claro que isto non é unha “debilidade específica” da comarca. É que cando chove, chove para todos, porque a economía está cada vez máis interconectada.

 E nunca choveu que non escampara.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , ,

1 comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s