A nosa compañeira Mari teno claro: ou apostamos polo solo ou polo subsolo, é así de simple. Un proxecto mineiro a ceo aberto é incompatible co modelo gandeiro e agrario fortemente desenvolvido na contorna, ata o punto de que o sector primario aporta un terzo da riqueza creada na comarca.
A perda de base territorial das ganderías, ou das augas que as abastecen, a contaminación das mesmas, o pó en suspensión, o impacto das voaduras no benestar animal…son serias afectacións das que viñamos aleartando e das que se fixo eco a Dirección xeral de gandería, agricultura e Industrias agroalimentarias no seu informe sectorial acerca do proxecto, como se recolle na DIA negativa.

E a aposta está clara en comarcas coma esta, despois de anos de tentando modernizar e facer competitivo o agro: dende os cartos públicos invertidos en concentracións parcelarias, as axudas da PAC ou a loita por ter explotacións con relevo xeracional….qué sentido ten esmagar todo iso polo que se loitou?
Categorías:mina touro o pino non