Eólicos, así non.

O 5 de xuño celébrase o Día mundial do Medioambiente, e este ano sumamos a nosa voz á concurrida manifestación que percorreu as rúas de Santiago para dicir “eólicos, así non”. Unha manifestación convocada por 20 colectivos, foi respaldada por moitísimos outros, e a que se sumaron os partidos da oposición.

A necesaria transición cara as enerxías renovables non pode pasar por esta avalancha de proxectos que asolaga o noso territorio de norte a sur e de este a oeste. Dende os concellos da comarca de Ordes aos do Deza, a moitos da Costa morte, á Serra da Groba e do Galiñeiro, e moitos, moitos outros….ven como os proxectos se multiplican sobre o territorio sen control nin planificación.

E coma sempre, nós sabémolo ben, son os veciños, as asociacións ecoloxistas e a sociedade os que teñen que poñer o foco para facerlle ver a Administración o despropósito.

Galicia produce máis electricidade da que consome, así se observa  na publicación do INEGA “Balance enerxético de Galicia, 2019” (o último dispoñible)…e a invasión eólica non deixou de medrar.

Ademais, na transición cara as renovables Galicia está a levar un peso desproporcionado: no 2019 producíu en torno ao 10% do total da electricidade estatal, pero a fracción renovable galega supón case o 17% do total da electricidade renovable producida.

A riqueza que xeran estes proxectos non queda no noso territorio na súa maior parte. E un dos mantras que repiten constantemente as empresas que os promoven, xunto coa mellora da demografía, máis a realidade amosa que non é así.

Así, segundo os datos publicados no Instituto Galego de Estatística, un pequeno concello do norte lugués cun grande desenvolvemento eólico, Muras, é dos concellos galegos con maior Producto Interior Bruto, PIB. A riqueza xerada no 2018 nese territorio, dividida entre os seus habitantes, tocaría a máis de 90.000 euros por persoa!!!…pero esa riqueza non queda alí, ten como destino outros lugares, xa que a Renda Bruta Dispoñible por habitante, RDB, cae en Muras ata os 11.472 euros!!

É preciso buscar un novo modelo de desenvolvemento eólico!!

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s