É de ben nacidos ser agradecidos

No 2018, en dous lugares emblemáticos da cidade de Santiago, como son a entrada da súa Alameda e a Praza de Abastos, colocáronse sendas pancartas alertando contra o proxecto mineiro . Contouse coas autorizacións pertinentes dos responsables do mercado compostelá e das autoridades do Concello.

Esas pancartas deron voz aos cidadáns afectados mentres a Administración se eternizaba na toma da decisión sobre o expediente de reapertura e ampliación da mina.

 Porque para algúns medios a nosa voz non contaba, éramos uns “iluminados” cando advertíamos dos impactos que tería o proxecto de saír adiante e tamén das carencias na información da documentación aportada pola empresa.

Finalmente non debíamos andar moi descamiñados, xa que esa dilatadísima tramitación acabou coa declaración dunha DIA (Declaración de Impacto Ambiental) negativa a finais de xaneiro de 2020, e en marzo de 2021 a Dirección Xeral de Minas trasladou tamén a súa negativa ao proxecto.

É polo tanto hora de agradecer, á cidade e as súas xentes.

Agradecemos o apoio e o alento que recibimos dende diferentes colectivos, dende  partidos políticos, dende a xente de a pé. Aquí recollemos firmas, puxemos mesas informativas, visionáronse documentais… e tivo lugar aquela enorme, apabullante manifestación que encheu o Obradoiro fai agora tres anos  … sempre nos acolléstedes con cariño e empatía.

 A nosa gratitude tamén para o goberno local, desta lexislatura e da anterior, que fóstedes xente de lei e, a pesares dalgunhas presións, cumprístedes a palabra dada: a pancarta permaneceu ata a resolución da Xunta sobre o proxecto mineiro.

 E aos compañeiros nesta loita compartida, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, que hoxe tamén se sumaron.

Sabemos que non estamos a salvo, que é posible que esta empresa ou outra trate de recuncar…imos precisar de vós de esto ocorre.

Hoxe, hai outros veciños que precisan alzar a súa voz, as xentes de Casalonga, compañeiros na Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre, visibilizarán dende este lugar tan principal a súa problemática.

Forza a sorte compañeiros!

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s