Atalaya volve cun novo proxecto mineiro. Dende a comunicación formal por parte da Xunta da negativa ao proxecto anterior, a empresa indicaba nas presentacións que periódicamente colga sua web que estaban avaliando as opcións legais e técnicas para desenvolver o “Proyecto Touro”.
A empresa presentarao aos inversores este 24 de xuño: un novo proxecto mineiro ameaza os nosos concellos.
Diagrama das zonas con mineral na presentación aos inversores de marzo de 2017.
Temos a sensación de que o día de hoxe xa o vivimos, e esa sensación acentúase ao ler as líneas xerais do “proxecto de clase mundial” que a empresa debulla
Un proxecto de “risco cero” para o medioambiente e as augas. Non vos soa? Acórdadesvos da entrevista a Alberto Lavandeira onde falaba do “vertido cero”?
E o das balsas revestidas de plástico…
E e o da minería de transferencia (encher os ocos mineiros cos estériles de mina).
E o de abordar solucións para os pasivos mineiros históricos ( eses que levan máis de 30 anos sen afrontar a súa restauración dunha maneira rigorosa).
Din que reducirán a súa pegada de carbono ao utilizar enerxías renovables…claro, acordámonos perfectamente da línea de alta tensión dende o embalse de Portodemouros
Xa escoitamos falar desas “marabillas” no proxecto anterior, ese mesmo ao que a Xunta lle otorgou unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa
Daquela e agora, MINA NON!!!
Categorías:mina touro o pino non