Alerta! Consulta previa á “Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia”

Goberno galego anunciaba o xoves 11 de maio que se somete  a información pública o anteproxecto de “Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia” . Así, durante 15 días hábiles, dende o 12 de maio ata o 6 de xuño, no portal de transparencia, “o texto legal someterase ao escrutinio dos cidadáns para recibir todas as achegas que poidan melloralo.”

Por certo, un período de consulta público moi ben escollido, mentres o foco da actualidade está na campaña electoral das municipais,sen repercusión na prensa, para que esta lei pase de puntillas

Hai moito que millorar nese texto…porque por exemplo, na tramitación de proxectos mineiros establece a incorporación da valoración dos efectos sociais e económicos na declaración de impacto ambiental!!!.

Esa inclusión do impacto social e económico no impacto ambiental (ese “aspecto novidoso” como di o goberno…),  afectaría tamén a aqueles proxectos que fan un uso intensivo da auga,  e os de produción de enerxía a partir de fontes renovables.

E cal vai ser ese impacto económico e social que entraría a formar parte da avaliación ambiental segundo esta lei?  Polo que adianta a nota de prensa  case de todo…parece un traxe a medida das mineiras!:

“unha análise integral de todos os efectos que produce a iniciativa en cuestión e as medidas que propón a promotora para compensalos. Así inclúense non só os efectos ambientais, senón tamén a participación de investidores locais, o emprego, o valor dos produtos ou servizos adquiridos no concello, comarca ou comunidade, a contratación de servizos de I+D+i con centros galegos, o reinvestimento dos beneficios en accións de interese xeral, a redución dos custos da enerxía ou a preservación dos bens naturais e culturais da zona”.

Sabemos da facilidade que teñen os promotores destes proxectos para indicar que se van crear centos de empregos directos e miles de indirectos, das moitas empresas locais que van contratar...Incluso adoitan incluir nos seus proxectos  informes de dalgúns profesionais  “afíns” das universidades…contarían como contratación de servizos de I+D+i con centros galegos?). E os abondosos patrocinios deportivos e outros festexos  como reinvestimento dos beneficios en accións de interese xeral?…. Pois esta lei pretende contabilizar todo iso xunto co impacto ambiental!!!

O “Proyecto Touro”, de repertura e ampliación da mina de cobre nos nosos concellos, non saíu adiante porque a DIA (a declaración de impacto ambiental) foi negativa, porque quedou en evidencia a ameaza ambiental que supuña. Seguramente o resultado tería sido ben distinto de ter sido tramitado dacordo a esta lei.

É iso o que pretenden?

Unha semana despois, o 19 de maio, a Xunta publicaba unha nota de prensa na que daba conta da reunión do director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais co Comité Executivo de Desenvolvemento Mineiro do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de lei, e “para recibir achegas que permitan mellorar a futura norma co obxectivo de contar cunha lei froito do consenso e a participación”

Por desgraza, non é o único “aspecto novidoso” que esta lei trae consigo. Infórmate. Podes atopar neste enlace Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

Cómpre facerlle chegar tamén as nosas achegas.  Aféctanos a tod@s

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , , ,

1 comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s