Máis aló da crise xerada polo vertido de pelets plásticos que están a chegar ás costas, o noso mar leva tempo dando síntomas de que precisa outro trato. Os vertidos contaminantes, as enchentes de auga dos encoros…teñen un impacto enorme nunhas rías históricamente moi produtivas. Os datos falan por si mesmos: a producción de 2023 é ata un 80%-90% inferior á media dos últimos 20 anos en moitas especies. Ese devalo paulatino dos últimos anos é alarmante polo que representa dende o punto de vista ecolóxico pero tamén ten tamén polo importantísimo impacto social.

Ésa situación leva sendo denunciada reiteradamente polas xentes do mar, mentras a Administración mira para outro lado ou bota balóns fóra. Basta!!!

Había xa moitos motivos para volver saír á rúa para denunciar a situación na que se atopa o mar. Ese é o contexto no que se produce a actual crise dos pelets, a cal a Administración afronta coma outras do pasado: silencio, incompetencia, mentiras… ponse de perfil mentres a cidadanía dá unha lección de dignidade.

SOS, EN DEFENSA DO NOSO MAR, SOLUCIÓNS XA!
Lentes Diverxentes

En defensa do noso mar, mentiras e incompetencia NUNCA MAIS.

O 21 de xaneiro vémonos ás 12:00 na Alameda de Compostela!

.

Unha resposta a “Non é só un vertido plástico”

  1. […] urxente que a Xunta actúe, que escoite as reivindicacións que se lle están expoñendo, porque a situación é […]

    Gústame

Deixar un comentario