Canto custa rehabilitar a vella mina?

Unha empresa titular dun dereito mineiro debe rehabilitar cos seus propios medios o espazo afectado polas labores mineiras, segundo o Real Decreto 975/2009 :

 “la entidad explotadora, titular o arrendataria del derecho minero original o transmitido, que realice actividades de investigación y aprovechamiento reguladas por la Ley 22/1973, de 21 de julio, de Minas, queda obligada a realizar, con sus medios, los trabajos de rehabilitación del espacio natural afectado por las labores mineras así como por sus servicios e instalaciones anejas, en los términos que prevé este real decreto.”

Artigo 2.2 do  RD 975/2009, sobre gestión de los residuos de las industrias extractivas y de protección y rehabilitación del espacio afectado por actividades mineras

 ¿Quén é a empresa titular no caso do xacemento de Touro-O Pino?

A concesión foi otorgada en 1958 a Rafael Saenz-Díaz para a explotación de pirita de ferro, co nome de “San Rafael 2946”. Posteriormente cambiou o recurso a explotar por cobre e en 1978 consolidouse por 90 anos.

A concesión foi transmitida á empresa Rio Tinto Minera SA, que tras explotar a mina de cobre a ceo aberto durante 14 anos abandonouna en 1986.

En 1993 pasou a Explotaciones Gallegas, que NUNCA explota o recurso cobre, elabora áridos a partir das escombreiras (a pequena escala, xa que non obtén a ampliación do recurso a explotar na concesión a cobre+áridos ata 2003). En 2011 amplíase a concesión cunha demasía

No 2017 trasmitíulla a Cobre San Rafael (empresa da que Explotaciones Gallegas ten o 90% e a súa socia, Atalaya Mining o resto), que foi a promotora do denegado proxecto mineiro.

 Cada vez que o dereito mineiro se transmite,  empresa adquire  con él as obrigas acordes coa lexislación en materia medioambiental e mineira.

Por todo isto, afirmacións coma as do comunicado emitido pola Asociación de mineros Touro O Pino son totalmente contrarias á legalidade.

(o nome co que se denominan a si mesmos daría para unha longa reflexión, todavez que a mina non está aberta)

 NINGUNHA empresa vai a invertir nunha restauración de 50 millons de euros nunha afección feita por un terceiro fai 40 anos. E menos para non obter un rendemento posterior, porque iso é imposible. Que prentenden, que non se restaure nunca?

O dato curioso é esa valoración da restauración en 50 millóns de euros, pois choca frontalmente cos 12,3 millóns de euros que destinaba a empresa para Rehabilitación Medioambiental no denegado proxecto mineiro, menos da cuarta parte.

O 29 de xaneiro de 2020, dous días despois de coñecerse que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) para o “Proyecto Touro” sería negativa, o Conselleiro de Economía, Francisco Conde, en sede parlamentaria manifestaba a esixencia á empresa que explota o xacemento de tramitar un novo plan de restauración que “salvagarde o estado ecolóxico” dos ríos da contorna, tributarios do Ulla.

Ano e medio despois, non cumplíu coa palabra dada en sede parlamentaria.

A restauración do espazo mineiro é a obriga legal da empresa. A Administración non pode inhibirse das súas funcións de vixilancia e control do cumplimento da lei.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , ,

1 comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s