Canto gastou a empresa en rehabilitar a vella mina?

Recordabamos na entrada anterior, que a lei (RD 975/2009,) obriga a empresa titular dun dereito mineiro a rehabilitar cos seus propios medios o espazo afectado polas labores mineiras. En 1993 Explotaciones Gallegas compra, xunto cos terreos e os dereitos mineiros, os pasivos medioabientais que acompañaban a vella explotación mineira. Canto leva gastado a empresa en rehabilitar a vella mina? 

….Ou debemos preguntarnos, canto leva ganado?

Nesa época a situación dalgúns ríos e regatos da zona é crítica, queda patente en moitos estudos deses anos, por exemplo na tese doutoral de Angel Pérez Otero de principios dos anos 90 (Caracterización de los suelos de mina e impactos ambientales de la explotación de sulfuros metálicos de Arinteiro (La Coruña). Autor: Angel Pérez Otero. USC.1992) na que se evidencian  grandes concentracións de aluminio como consecuencia da extrema acidez das augas.

A pesares disto, unha das primeiras actuacións da empresa para “remediar” esa contaminacion é a de plantar 147 hectáreas a eucaliptos nas zonas menos estragadas do espazo mineiro!!!!

 O proxecto consiste nos labores de repoboación forestal, principalmente Eucalyptus globulus, que se realizaran nos predios de Arinteiro e Bama, sobre unha superficie total de 147,38 ha, nos concellos de Touro e O Pino.

Estes predios foron altamente afectados pola explotación do grupo mineiro denominado Arinteiro, e co proxecto tamén se pretende a súa rexeneración ambiental.

extracto do DOG de 1999 no que se publicaba a DIA favorable

Miraba polo medioambiente ou polo seu propio interés?

A finais dos 90 o Concello encarga analíticas que son realizadas polo departamento de Edafoloxía da Facultade de Farmacia, concretamente polo catedrático Francisco Díaz-Fierros, nas que se constatan niveis altísimos de metais pesados, así como unha contaminación que afecta aos ríos, regatos, pozos e outro tipo de acuíferos. Segundo recollía a prensa da época :

Las soluciones deberían pasar por construir depuradoras que filtren el agua de estos afluentes del Ulla, e iniciar un proceso de regeneración de la tierra y de la cubierta vegetal para impedir que las lluvias arrastren los metales pesados de las minas.

Pero a elexida foi a “solución máis económica”, a mediados de 2002 fírmase un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia e a USC, optando pola proposta do profesor Felipe Macías da USC: tentar reducir o nivel de acidez das augas que saían dos terreos da vella mina adicionando a eses terreos un “solo artificial” ou “tecnosolo” elaborado a base de traer miles de toneladas de resíduos (lodos de depuradora, cinzas de Ence, restos de matadoiros, cuncha de mexilón…)

O proxecto supoñía unha inversión de 1.800.000 euros…pagada pola empresa? A este respecto manifestaba o Defensor del Pueblo:

“En todo caso, la propia Consejería de Economía hace referencia a algunas actuaciones de recuperación acometidas por el titular de la explotación, aunque no está claro si se han realizado en ejecución del único plan de restauración aprobado (en el que debe entenderse subrogado al actual titular, aunque el plan está desactualizado pues no se corresponde con el aprovechamiento actual) o en el marco del convenio suscrito por las tres administraciones (que asumen, con cargo a los presupuestos públicos, las labores de descontaminación que deberían haber sido sufragadas por quién generó la contaminación)

Aínda máis, a “valorización de resíduos” resultou ser outro enorme negocio para a empresa, tanto que se crean no grupo empresas como Tratamientos Ecológicos del Noroeste, TEN (tecnosolos) que xestionarán (e cobrarán por elo) miles de toneladas cada ano. Unha fachada “verde”, “circular” e “sostible” coa que dar verosimilitude a súa “vontade” de restaurar a vella mina.

Todo elo acompañado dunha Administración “crédula” desas boas intencións: chama poderosamente a atención como a Administración autorizou a planta sen considerar unha avaliación ambiental previa: nunha resolución de xuño de 2005 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental , a pesares de que a planta vai tratar 73.800 toneladas de residuos cada ano (cunha capacidade máxima de ata 102600 t/ano) e vai estar a 900 metros dos núcleos habitados.

e tendo en conta que da realización do proxecto non se prevén efectos adversos significativos sobre o medio ambiente, decide que non é necesario someter ó trámite de avaliación de impacto ambiental o proxecto obxecto desta Decisión.

Estas actividades das empresas de “economía circular” suporán nos seguintes anos un gran negocio para a empresa e unha enorme perda de calidade de vida para os veciños da contorna.

Por todo isto, afirmacións coma as do comunicado emitido pola Asociación de mineros Touro O Pino son un absoluto despropósito, unha burla

toca lembrar o sacrificio que esta comarca fai por este e outros sectores productivos galegos, pois nos nosos concellos recollemos candidades enormes de residuos da industria conserveira e das depuradoras do entorno da Ría. Que farían con eles se un día non lles permitíramos que se depositaran na nosa comarca? 

O sacrificio é para as xentes da contorna, o beneficio para a empresa.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s