Minando o emprego

A creación de emprego é a primeira bandeira que enarboran as empresas e os defensores dun proxecto mineiro,  e continuamente se amosan supostos referentes que acrediten esa afirmación.

 A principios deste ano publicábase na páxina dos chamados mineiros, un mapa de España no que se amosaba a Huelva como unha provincia cun comportamento excelente respecto ao paro, unha sorte de reducto nun mapa co sur tinguido de roxo. E afirmábase : 

“Según vemos en la imagen, es en la provincia de Huelva donde mejor se comporta la tasa de empleo. Estamos convenvidos de que es gracias a la apuesta de la Junta de Andalucía por la minería en esa provincia”

Qué hai de certo nesa afirmación?

A provincia de Huelva pechou o 2020 sendo a peor provincia española en canto a datos de paro, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) relativos a Encuesta de Población Activa (EPA), que é a que proporciona os datos oficiais relativos ao comportamento do mercado laboral.

A tasa de paro en Huelva situábase no último trimestre do 2020 no 27,16%, sendo a provincia co paro máis alto de toda España.

Uns días máis tarde, publicábase a cifra de paro rexistrado do mes de xaneiro de 2021, un dato que se publica mensualmente é que recolle as cifras dos demandantes de emprego no SEPE, Servicio Público de empleo estatalNese mes de xaneiro de 2021, en Huelva, diminuían os anotados no paro en 1851 persoas, é dicir, nese mes non aumentaba o número de parados inscritos. Esa era toda a noticia.

E nin tan sequera se debía a “apuesta de la Junta de Andalucía por la minería en esa provincia”, senón a que comezaba a campaña de recollida dos froitos roxos e o campo demandaba temporeiros. Durante eses primeiros meses de 2021 mes  a mes fóronse producindo descensos no número de parados  debido a esa campaña….ata que  remata: en xuño xa volve a notarse unha subida.

Esa compoñente estacional no comportamento do emprego en Huelva fai que a taxa de paro EPA relativa ao segundo trimestre supere en pouco máis dun par de puntos porcentuais á da nosa provincia, como se observa tanto no 2020 como no 2021, pero en trimestres como o cuarto de 2020 a distancia é abismal, máis do doble: 11,63% para  A Coruña e 27,16% en Huelva 

Esa é a realidade da provincia de Huelva nun contexto no cal están en funcionamento a mina de Atalaya Mining en Riotinto, e tamén as de Matsa( Aguas teñidas, Magdalena…), é facil imaxinar a situación de crise no momento en que cese a actividade

Presentar os datos desta maneira, dando a entender un bó comportamento do emprego na provincia onde está situada a explotación mineira que se pretende traer aquí, cando realmente se sitúa entre as peores de España, ten un nome … pero é tan elocuente que nin cremos necesario mencionalo.

O lector mesmo pode sacar as súas conclusións.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s