Rexeitamos o plan de drenaxe integral

Colectivos veciñais, ecoloxistas e vinculados o sector do mar manifestaron o seu rexeitamento ao Plan de drenaxe integral presentado pola empresa, e esixiron un verdadeiro Plan de Restauración.

O 25/11/2019 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, emprego e industria (CEEI) require á mercantil Explotacións Gallegas S.L. (EXGA) un proxecto integral de drenaxe da mina de cobre abandonada de Touro. O 02/03/2021 reitera o requerimento sen que se executara o proxecto temporal autorizado previamente (2018). Así, nestes 3 anos, esas augas contaminadas continuaron alcanzando o DPH (como viñan facendo nos 30 anos anteriores). As actuacións que cita a empresa como realizadas nos últimos 3 anos son actuacións sobre o papel, que nunca se levaron a cabo na realidade, non tendo, polo tanto, ninguna consecuencia sobre o medio ambiente.

O requerimento é: “Modificar o sistema de xestión das augas (incorporar os efluentes de Angumil, Portapego e Felisa ao oco de Vieiro) e garantir a supresión das saídas de auga desde a zona de Arinteiro.” Ningún do obxectivos do proxecto de drenaxe integral, formulados por EXGA, coincide co requerimento realizado.

O proxecto presentado por EXGA excede con moito o ámbito do procedemento de Autorización en DPH baixo o que se pretende tramitar. Pero tamén excede o procedemento de Autorización de vertidos, xa que Augas de Galicia non pode asumir as funcións propias do órgano sustantivo mineiro (CEEI).

Como se trata dunha mina cuxa balsa que aparece co nº 35 do Inventario de instalaciones de resíduos de industrias extractivas cerradas y abandonadas en España” (MITECO) “, os proxectos deberían estar encadrados dentro dun Plan de Restauración, conforme ao R.D. 975/2009. No marco desa restauración tamén ten que presentar un PLANO DE XESTIÓN DE RESÍDUOS.

Este “proxecto integral” deixa outra volta sen tratar as augas que rebordan desde a denominada balsa de Bama, agás dunha simples decantación na antedita balsa e o mantemento do humidal reactivo que traballa con tecnosolos. EXGA estima dabondo estas medidas, mais a Administración denegou no seu momento o permiso de vertedura das augas da balsa polas altas cantidades de metais pesados que presentan e por non considerar suficientes as “solucións” que agora a empresa volta a propoñer. Na DIA emitida en xaneiro de 2020 denegando o proxecto mineiro de Touro, a Área de vertidos de Augas de Galicia non consideraba suficientemente acreditada a capacidade dos tecnosolos para acadar os níveis de contaminantes requeridos por ese Sx ervizo para autorizar as verteduras ao DPH.

É inadmisíbel que a planta de tratamento que se presenta sexa a diseñada para dar servizo á hipotética futura mina e non para tratar as augas que na actualidade drenan da corta de Vieiro ao Pucheiras.

O actual proxecto de drenaxe integral debe estar incorporado a un verdadeiro PLANO DE RESTAURACIÓN e ter como obxectivo único asumir os pasivos mineiros e resolver o problema de contaminación existente actualmente derivado da anterior explotación e desligarse de calquera futuro proxecto que se poida presentar para a explotación mineira porque a restauración é previa a calquera novo proxecto de explotación, conforme á directiva europea. Plano de Restauración ao que está obrigada a mercantil que asume no mesmo acto, en que se fai propietaria da concesión, tanto dos activos como dos pasivos mineiros. De feito, o Director Xeral de Enerxía e Minas autorizou o 09/03/2017 a transmisión da concesión de explotación San Rafael, nº 2946 da provincia da Coruña de Explotaciones Gallegas SL., a Cobre San Rafael SL., condicionando expresamente a devandita transmisión “á presentación no prazo dun mes dunha actualización dos proxectos de explotación e restauración, asi como da garantía financieira suficiente para cubrir os custos de restauración dos terreos afectados pola explotación mineira.”

Asinan:

ACOUGA

ADEGA

AGRUPACIÓN DE MEXILLOEIROS “A BOIRENSE”

AMEGROVE

AMEVILA

A.P.D.R. DE PONTEVEDRA

APEON

A.P.M. A POBRA

A.P.M. BARBANZA

A.P.M. RUA MAR DA ILLA DE AROUSA

A.P.M. SAN AMARO

A.P.M. SAN SATURNINO DE CAMBADOS

A.P.M. VIRXEN DO CARMEN DE ABANQUEIRO

ASMECRUZ

ASOCIACIÓN AFECTADOS POLO VERTEDOIRO DE LESTA

ASOCIACIÓN AMBIENTAL AMABUL DE VEDRA

ASOCIACIÓN DE MEXILLOEIROS ILLA DE AROUSA

ASOCIACIÓN DE MEXILLOEIROS VILAXOÁN 

ASOCIACIÓN DE MEXILLOEIROS XIDOIROS

ASOCIACIÓN CHEIROS NON DE TOURO

ASOCIACIÓN FONTE SECA

ASOCIACIÓN QUIXOTE DE OUTES

ASOCIACIÓN SALVEMOS A COMARCA DE ORDES

ASOCIACIÓN TRALAPENA

ASPROMERI

C.I.G.

COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS (C.E.S.)

CONFRARÍA “A PASTORIZA” DE VILANOVA DE AROUSA

CONFRARÍA DA ILLA DE AROUSA

CONFRARÍA DA POBRA DO CARAMIÑAL

CONFRARÍA DE CABO DE CRUZ

CONFRARÍA DE RIANXO

CONFRARÍA DE VILAXOÁN

CONFRARÍA “SAN ANTONIO” DE CAMBADOS

CONFRARÍA “SAN MARTIÑO”DO GROVE

CONSELLO REGULADOR DO MEXILLÓN DE GALICIA

CORNADO MINA NON

ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA

FUNDACIÓN MONTESCOLA

FRUGA

OPMEGA

OPMEGAL

P.D.R. DE VIGO

PLADEMAR MUROS-NOIA

PLATAFORMA AFECTADOS DESTILERÍA CONTIMUNDE

PLATAFORMA AFECTADOS POLO VERTEDOIRO SANTIAGO MIRAMONTES

PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS

PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA DE AROUSA

PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS

PLATAFORMA POLA RECUPERACIÓN DO SAR

PLATAFORMA VECIÑAL MINA TOURO-O PINO NON

S.G.H.N.

SINDICATO LABREGO GALEGO

SOS SUÍDO SEIXO

UXT

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s