Recurso de alzada á autorización de Augas de Galicia do Proxecto de drenaxe temporal

A veciñanza vén de presentar recurso de alzada contra a autorización de Augas de Galicia ao Proxecto de drenaxe temporal dos regatos Portapego, Felisa e Angumil na contorna da vella mina de Touro, do mesmo xeito que outras organizacións, como Adega e PDRA (Plataforma pola Defensa sa Ría de Arousa).

Este proxecto presentouno aló por xaneiro de 2019  Explotaciones Gallegas S.L, a empresa titular dos terreos dende principios dos anos 90. Eso si, foi presentado a instancias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria, non por vontade propia da empresa de asumir o tratamento adecuado para os pasivos medioambientais da vella mina, e pon de manifesto a deficiente xestión que se estivo a facer deses pasivos ambientais ao longo de todos estes anos.

Drenaxes na contorna da vella mina

As alegacións iniciais a este proxecto xa foran achegadas á Administración en febreiro de 2019 , cando se presentou, e reiteradas en xaneiro de 2020 cando se  notificou un informe técnico no que se informaba favorablemente. Malia a todo, o procedemento administrativo continuou o percorrido ata recibir a finais de outubro de 2020 a autorización por parte de Augas de Galicia, resolución que agora se recorre en alzada.

Entrega das alegacións iniciais ao Proxecto de drenaxe temporal en febreiro de 2019

A veciñanza non pode concordar co proxecto nos termos que está presentado. Dunha banda, trátase dunha medida temporal, uns 6 meses, sen indicar que ocurrirá unha vez superado ese horizonte temporal. Doutra banda, non aborda o problema:  para evitar que as drenaxes contaminadas dos regatos Portapego, Felisa e Angumil cheguen ao dominio público hidráulico plantéxase recoller as súas augas e bombealas á balsa de Vieiro, que é unha antiga corta mineira inundada.  

Non se concreta  tratamento que corrixa a hiperacidez desas augas bombeadas nin a súa carga en metais pesados.  Polo tanto, o único que se vai conseguir é mover as augas contaminadas dun lado a outro da antiga explotación mineira, agravando aínda máis a contaminación da balsa de Vieiro. Agravaríase tamén a afección sobre o regato Pucheiras, tributario do Brandelos, que ao bordear esa balsa sofre xa importantes problemas de contaminación. As augas acabarían alcanzando o dominio público hidráulico por estoutra vía.

Non podemos obviar o sinsentido da “solución temporal” que se autoriza: facer “desaparecer” os regatos contaminados no canto de abordar seriamente a súa contaminación, ou presentar un proxecto temporal cun ridículo horizonte de apenas 6 meses cando a empresa tivo 30 anos para abordar o problema.

En definitiva, calquera proxecto que se autorice para o control e tratamento das augas contaminadas ha de proveer unha solución completa, para tódolos lugares polos que se están producindo esas saidas de augas contaminadas de xeito que se garanta a non afección ao dominio público hidráulico.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , ,

2 Comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s