Así non SD O Pino, así non!

Dende a Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non sempre tentamos respectar os espazos de convivencia no noso pobo, sen mesturar a nosa loita coa harmonía daquelo que nos une.

Pero a estratexia das mineiras é crear conflicto social, non teñen escrúpulos en romper a boa convivencia dos veciños, o único que eles perseguen é o seu propio beneficio.

antigua mina de touro

Ó longo de todos os seus anos de historia a SD O Pino chegou a ser o equipo de todos os veciños do concello; gústelle ou non o fútbol, vaian ou non ó campo, a gran meirande parte dos veciños de O Pino séntense identificados co este equipo; porque quen non ten un fillo, ten un sobriño, un neto, un primo, un veciño, un amigo, que forma parte deste clube co que, sentimentalmente, todos nos sentimos identificados.

Un clube que chegou ata aquí co esforzo de moitas persoas: directivos, adestradores, xogadores, pais e nais, familias enteiras. Tamén coa axuda de moitos patrocinadores, maioritariamente pequenos negocios ubicados por todas as parroquias do concello do Pino, que ó longo de todos estes anos foron pezas básicas no soporte, non só económico senón tamén social, da SD O Pino.

E con esta axuda, con esta implicación e co traballo de todos, a SD O Pino medrou e chegou a ser o que é hoxe en día: un clube que pode presumir de ter o cariño de todos os veciños.

E eso foi así porque, unhas veces con máis éxito, outras con menos, a SD O Pino cumpríu sempre cos obxectivo que, non o esquezamos, teñen que ser a finalidade básica dun clube modesto, representativo dun pobo humilde, pequeno, pero orgulloso do seu.

O primeiro deses obxectivos non é outro que a formación en valores, a aprendizaxe, a ilusión, o xogo limpo, porque o gran patrimonio do pobo ó que representa e do propio clube son os rapaces que conforman a meirande parte dos seus equipos.

O segundo obxectivo, representar ó seu pobo, a todos os seus veciños, levando con orgullo o nome de O Pino por todos os campos nos que, domingo a domingo, os seus xogadores locen a camisola da SD.

Con esa humildade, moito traballo, moito esforzo, moita dedicación por parte de tanta xente, é como a SD chegou a ser un pequeno gran clube para todos nós.

E non lle fixo falta nada máis; nin traizoar eses valores… nin venderse.

Porque eso é o que fará a SD se se vende a calquera empresa que queira comprar, só poñendo diñeiro, o seu principal activo: a representación e a ilusión de todos os veciños de O Pino.

E non só e traizoar o sentimento maioritario do noso pobo, se non que é xogar co modo de vida de moitos veciños, coa nosa terra e o noso patrimonio.

E podedes pensar que non vai pasar nada, que a SD vai seguir tendo xogadores, e nais e pais nas gradas vendo os partidos, e o patrocinio tamén de moitos dos negocios que ata o de agora tamén o fixeron.

Pero chegará un día, seguramente antes do vos parece, no que quen agora vos compra deixe de precisarvos, e daquela marchará de onda vós porque xa non lle seredes útiles, xa non lle faredes falta. E non teñades dúbida de que nese momento a SD precisará da axuda de todos os afeccionados, de todos os veciños. E quizáis daquela vos daredes conta de que deixáchedes atrás, vendéndoo e traizándoo, o gran patrimonio do clube: o cariño e o sentimento de pertenza de todos os veciños.

Porque este clube ten que estar por riba de quen o ve (e quere utilizalo) só como unha ferramenta para acadar uns fins que van en contra do noso pobo, a nosa xente e o noso patrimonio natural.

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , ,

2 Comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s