A mineira saca a máscara

Seguimos as voltas coas balsas mineiras.

No artigo que mencionabamos nesta entrada, facíase referencia aos  informes que o  Dr. Steven H. Emerman fixo tanto para o sistema de  balsas de lodos que se están utilizando actualmente en Riotinto en Huelva, como sobre as que se pretendían levar a cabo aquí, no denegado “Proyecto Touro”.  

Durante o longuísimo período de tramitación  a empresa  encargou outro  como contestación“Respuesta al informe  “Evaluación del plan de almacenamiento de estériles en el proyecto Touro” realizado por el Dr. Steven H. Emerman” –firmado en novembro de 2019 por Leandro R. Alejanono que pretendía rebater “punto por punto” as teses de  Emerman.

Dicir que este documento é previo á Declaración de Impacto Ambiental negativa de finais de xaneiro de 2020, polo que a Administración non lle debeu de parecer suficientemente esclarecedor cando a DIA foi negativa.

Non obstante é un documento moi revelador nalgúns aspectos, por exemplo cando trata de rebater a distancia (menos de 200 metros) á que Emerman dixo que se situaba a aldea de Arinteiro respecto da presa:

A distancia do pobo de Arinteiro á balsa (unha balsa de máis de 3km de longo e 81 metros de alto) non é de menos de 200 metros, senón de 270 metros!!!

Non damos crédito!!.  Se non fora algo tan serio, case nos cuestionariamos se  medíu dende a eira, dende a esquina da casa ou dende a porta…

Pero isto é algo moi serio, por iso a seguinte frase ponnos os pelos de punta: “En todo caso, la distancia NO es un dato relevante puesto que no existe ninguna normativa que regule la distancia a la que pueda colocarse un depósito de estériles”.

Esta é a verdadeira cara da empresa. Cáese a máscara.

Esta é a verdadeira  “responsabilidade social”, por moitos patrocinios deportivos cos que logo tente tapar as súas vergoñas, aquí queda claro o que realmente lle importa a contorna a as súas xentes.

Non lles importa porque a casa non é a súa, e non son quen de facer un mínimo exercicio de empatía coa sociedade á que pretenden traerlles “o progreso”, do que significa chantar unha mole destas dimensións chea de residuos mineiros a 270 metros da casa, por moito que non haxa unha lei que o regule.

Será legal, pero é de sentido común? É ético? É moral?.

Nós pensamos que é unha aberración.

E hai que transladalo á sociedade,  ao fin as leis son as regras de xogo coas que como sociedade nos rexemos e foron evolucionando con ela, hoxe en día son legais aspectos que regulan as nosas vidas que non o eran fai 40 anos e outros deixaron de selo.

Urxe lexislar acerca da distancia ás casas dos depósitos de residuos, (máis no caso destas dimensións e de categoría A).

Non queremos unha balsa mineira ao pé das nosas casas, nin da de ninguén.

MINA NON!

Categorías:mina touro o pino nonEtiquetas: , , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s