O diario EL PAIS publica un interesante artigo para reflexionar: “Balsas mineras de Riotinto: una amenaza con 30 veces más lodos tóxicos que el vertido de Aználcollar”, no que aborda a problemática da enorme cantidade de resíduos mineiros que conteñen as balsas na explotación de Riotinto en Huelva.
Para nós, é inevitable recordar as balsas e a xestión de resíduos descritas no “Proyecto Touro”, (Actualización do Proxecto de Explotación, Plan de Restauración e Estudo de Impacto Ambiental da concesión de explotación “San Rafael”, número 2946), non en vano a empresa que opera Riotinto en Huelva é Atalaya Mining, parte de Cobre San Rafael, e a súa proposta era moi similar.
Así, a empresa edulcoraba a mensaxe para descreber esas perigosas instalacións, empezando por falar de “depósito de estériles temporal” para referirse a unha enorme balsa mineira.
“Dada la presencia de huecos mineros con características idóneas para el almacenaje de los residuos mineros generados durante el tratamiento del mineral, solo será necesario construir un depósito de estériles temporal convenientemente impermeabilizado, que estará activo durante el periodo mínimo indispensable hasta tener habilitados los huecos mineros de Vieiro y Arinteiro como depósitos de estériles”
A “temporalidade” só viña dada porque a empresa a ía usar do ano 1 ao 6 de vida da explotación, pero para os cidadáns e para o medioambiente quedaba alí para sempre!!!!

“Para la selección del emplazamiento del depósito temporal se adoptan criterios como no afectar a poblaciones cercanas, mantener una distancia a la planta de procesos no superior a 1 km, minimizar el impacto visual y acústico y permitir posibles recrecimientos en caso de expansión del yacimiento.”
A pesar das súas premisas, o lugar finalmente escollido era o 1 do anterior mapa, a 200 metros da aldea de Arinteiro e moi próximo a moitos outros núcleos de poboación….e a uns 4 km do Río Ulla!!
Así, o denominado “depósito temporal de estériles” era unha balsa mineira de 81 metros de alto por máis de 3 km de lonxitude, ocupando unha superficie de 129 hectáreas e capaz de albergar no seu interior 34 millóns de toneladas de residuos de estériles de planta.
Rematada a explotación das cortas de Vieiro e Arinteiro, pasarían a utilizar estes ocos mineiros como depósito, ampliando a súa capacidade ao recrecer os ocos cun muro perimetral. Como resultado, outra mole de 55 metros de alto e 2km de longo cunha superficie de 95 Ha e capacidade para 69 millóns de toneladas de residuos mineiros.
(diagrama base de Technical Report Touro Copper Project. Alan C.Noble)
Como ocurre en Huelva, os lodos que se ían verter tamén tiñan esa proporción de aproximada de 2 partes de auga e 1 de sólido, a pesar do consenso científico entorno a reducir o contido en auga dos lodos para aumentar a estabilidade.
Ambas instalacións tiñan a categoría de vertedoiro “tipo A”, atendendo a perigosidade dos resíduos que acollerían.
Ambas, para sempre, ao carón das nosas casas, dos nosos ríos… coas súas enormes panzas envelenadas.
Categorías:mina touro o pino non
1 comentario