Un día despois de coñecerse que a DIA sería negativa para “Proyecto Touro”, Angeles Vázquez, titular de Medioambiente, declaraba:

“ hay que hacer compatible una Galicia sostenible a nivel medioambiental y de desarrollo económico. Aquí primó la parte ambiental porque no podía ser de otra manera

Xornal LA opinion coruña, 29/01/2020

Daquela primou a parte ambiental porque non podía ser de outra maneira, pero coa nova lei, a que alertabamos na entrada anterior, cambian radicalmente as reglas de xogo .

Preténdese Incluír dentro da avaliación do impacto ambiental os impactos económicos e sociais.  A idea non é nova. Xa na documentación do “Proyecto Touro” presentado en 2017, atopabamos un xérmolo da mesma na seguinte matriz de impactos potenciais da actividade mineira sobre a paisaxe . Se vos fixades, na última fila incluía a creación de emprego á hora de valorar a integración paisaxística! … e era o único cunha puntuación positiva.

Soa ridículo incluír a creación de emprego á hora de valorar o impacto na paisaxe…pero “puntúa positivo”. Deberon pensar que ese era o camiño e había que incrementar os aspectos “positivos” a puntuar para “neutralizar” tanto impacto “negativo”... Así, a nova lei, desenvolve unha batería de indicadores que, en teoría, permitirán valorar o impacto económico e social, pero que na práctica están deseñados para que estes proxectos “puntuen en positivo”. Son ata 18 items os inclúe o artigo 5.2, podes lelos aquí

Entre eles atópase a creación de emprego, (como non!, é a sua gran bandeira) . Valorado segundo o criterio da empresa promotora e puntuando por  triplicado

  •  número de empregos directos e indirectos netos na Comunidade, con carácter indefinido e a xornada completa.
  • contía total dos salarios pagados aos novos empregados e/ou aos empregados conservados polo efecto do proxecto
  • cuantificación económica dos beneficios sociais totais á disposición dos novos empregados e/ou aos empregados conservados

(artigo  5.2, apartados e,f,g)

E para estas empresas, falar de emprego non ten cancelas: “Proyecto Touro” estimaba 400  (ou 500, depende do documento) postos de traballos directos e uns 1200 indirectos, repetírono machaconamente. Hoxe en día a empresa matriz, Atalaya Mining, ten en Huelva 318 empregos directos, cando a mina de Huelva é entre dúas e tres veces máis grande que a que tiñan prevista aquí: 15.5 millóns de toneladas anuais de mineral fronte as 5-8 millóns de toneladas aquí.

Contando o emprego indicado pola empresa por triplicado, xunto coa extensa retahila de indicadores “a medida” que este lei prevé,   o resultado da avaliación de impactos si pode ser doutra maneira ben diferente á de xaneiro de 2020.

Vedes por onde queren ir?

Nós dicimos non a este cambio lexislativo: incluir o impacto económico e social, valorado ademáis da maneira que propón esa lei, só vai deturpar, sepultar o impacto ambiental. Ningún proxecto insostible medioambientalmente debe saír adiante.

Alega, deixa a túa achega no portal de transparencia ata o 6 de xuño. Aféctanos a tod@s

6 respostas a “Ingredientes para cociñar unha DIA positiva”

  1. Non a mina

    Gústame

  2. Avatar de Susana Pena Rúa
    Susana Pena Rúa

    Non a mina

    Gústame

  3. Non a mina

    Gústame

  4. […] A intención de “protexer o medioambiente” dificilmente casa con incluir o impacto económico e social dentro do impacto ambiental. Precisamente vai conseguir sepultalo cun montón de indicadores absurdos e repetitivos, deseñados á medida das empresas promotoras, como viamos na entrada anterior. […]

    Gústame

  5. […] vimos amosando, nestes anos a lexislación foise modificando dunha maneira totalmente asimétrica para favorecer os intereses das empresas que promoven estes […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Susana Pena Rúa Cancelar a resposta