O proxecto de Cobre San Rafael que está agora mesmo en en exposición pública é , no esencial, idéntico ao presentado en agosto de 2017 e que recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) desfavorable en xaneiro de 2020.
Pese a extensa documentación presentada, os cambios son ínfimos: mesmo número de cortas co mesmo método de extracción , mesmas toneladas de material a remover e de mineral a extraer, mesmos depósitos de estériles, sistema de impermeabilización, desvío de cauces e ocupación do territorio… é a mesma mina!. Por iso, e en aplicación do artigo 39.4c) da Lei 21/2013 de Avaliación ambiental:
En el plazo de veinte días hábiles desde la recepción de la solicitud de inicio de la evaluación de impacto ambiental ordinaria el órgano ambiental podrá resolver su inadmisión por alguna de las siguientes razones […]
c) Si ya hubiese inadmitido o ya hubiese dictado una declaración de impacto ambiental desfavorable en un proyecto sustantivamente análogo al presentado
Procede, polo tanto, resolver a inadmisión do proxecto, porque xa se ditou unha resolución de impacto ambiental desfavorable para un proxecto sustantivamente análogo ao agora presentado.

De ser admitido, o proxecto tería fortes implicacións para a poboación e o territorio, entre outras:
- Implica a desaparición de completa ou parcial de cursos de auga, estradas e outros bens comúns (máis información aquí)
- Implica a desaparición de mananciais, pozos e traídas que abastacen á poboación e granxas. Outros poderían verse afectados (máis información aquí)
- Implica a perda da base territorial das granxas da contorna, e de fincas de monte que complementan a economía de moitos propietarios.
- Implica potentes voaduras practicamente diarias
- Implica dous enormes depósitos de estériles de mina á beira das casas (máis información aquí e aquí)
- Implica que o ruta do Camiño francés situarase a apenas 2km da explotación mineira; outras coma a do Holandés ou a do Eurovelo3 veranse aínda máis afectadas
- Implica un empeoramento da calidade do aire polo pó a as partículas en suspensión, coa posible afección á saúde da xente
- Implica un incremento do ruído polas voaduras, perforación movemento de maquinaria, tráfico…traballan as 24 horas
- Implica a emisión de miles de toneladas de CO2 e gases de efecto invernadoiro á atmósfera
E a cambio de qué? As súas “promesas estrela” difícilmente as poden cumplir:
A perda de poboación é un problema pero non se resolve cun proxecto mineiro: nin sucedeu no noso pasado, nin sucede noutros pobos que teñen unha explotación mineira.( máis información aquí e aquí)
Pomete, aínda que non xustifica, 400 postos de traballo…pero nos nosos concellos a taxa de paro é moi baixa, moito máis baixa por exemplo que nos concellos que rodean as minas de Riotinto. (máis informaición aquí e aquí). En ningún momento se valora os postos de traballo que se perderían e as súas cadeas de valor asociadas.
E, coma sempre, o proxecto presenta incorreccións, contradiccións, indefinicións e opacidade.
Tes a túa disposición neste enlace unhas primeiras alegacións, basta descargar o documento, completalo cos teus datos, asinar e entregar nun rexistro da Administración.

Precisamos da túa axuda, infórmate e alega, entre tod@s temos que facerlle fronte!.

Deixa unha resposta a María Isabel Salazar Bello Cancelar a resposta